Irene Vilaboa é recibida na Subdelegación do Goberno como referente da igualdade no balonmán
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, recibiu este luns a Irene Vilaboa, adestradora do SD Teucro e primeira muller á fronte dun equipo da División de Honra Prata do balonmán español.
Acompañada na Subdelegación do Goberno polo delegado do equipo, Javier Domínguez, Larriba expresou que "é un inmenso pracer poder recibir hoxe a unha figura do deporte da talla de Irene Vilaboa. Unha referente no ámbito deportivo e tamén na loita pola igualdade".
A mandataria socialista quixo tamén destacar o compromiso do Goberno co deporte feminino en España "mellorando as condicións das deportistas e fortalecendo as súas estruturas deportivas, así como facendo efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes mediante a promoción da presenza da muller en todas as esferas e categorías deportivas". A firma do primeiro convenio colectivo do fútbol feminino que tivo lugar no mes de febreiro no Congreso foi posto como exemplo deste compromiso por parte de Larriba.
Antes de tomar as rendas do Teucro, Vilaboa xa fora a primeira adestradora en dirixir a un equipo en Primeira Nacional, fíxoo en Bueu, despois de pasar polo BM Porriño e ao Atlético Guardés. Tamén formou parte do corpo técnico da selección española júnior feminina durante dez tempadas nas que, entre outros éxitos, conseguiu unha medalla de prata no Europeo do 2007.
Relacionadas:
-
Xornada clave para o Teucro coa visita ao Municipal do Sporting Alicante
Por Redacción |
-
Ao Teucro escápaselle a vitoria e acaba empatando ante o Sant Martí de Adrianenc (29-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un Teucro de dúas caras logra o empate no derbi ante o Atlético Novás (27-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Fomentar a actividade física entre o alumnado de Primaria, obxectivo dunha campaña impulsada polo Teucro e o Concello
Por Redacción |
-
Irene Vilaboa: "Necesitamos chegar todos os equipos nas mesmas condicións, desde o primeiro día xogámonos a vida"
Por Manu Otero |
-
O equipo sénior feminino do Teucro convértese nunha realidade
Por Diego Espiño |
-
A Xunta destaca o traballo do Teucro en favor da igualdade por ser pioneiros en contratar unha adestradora
Por Redacción |
-
O Teucro presenta a Irene Vilaboa: "Non a contratamos por ser muller, contratámola pola súa valía"
Por Diego Espiño |
-
Irene Vilaboa chega ao Teucro con "ilusión" e sen verse como pioneira: "a pregunta é por que non hai máis mulleres neste posto"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro confirma a fichaxe de Irene Vilaboa, primeira muller que dirixirá un equipo na División de Honra Prata masculina
Por Diego Espiño |