Marín, Sanxenxo e Poio, no precalendario autonómico de ciclocrós
Por Redacción
O ciclocrós autonómico non quere renunciar á súa tempada, aínda que sexa cun calendario reducido.
Con esa intención a Federación Galega de Ciclismo elaborou un pre-calendario de probas que será sometido á aprobación da súa Asemblea Xeral.
No caso de saír adiante, a primeira cita da Copa Galicia da especialidade disputaríase o 21 de novembro en Marín, cunha nova edición do Ciclocrós Xaxán.
Ademais seguiríanlle no calendario dúas citas máis na comarca, o 28 de novembro co I Ciclocrós Con da Romaña en Sanxenxo e o 29 de novembro co IV Ciclocrós Poio Móvese.
En total preténdese completar, se a situación sanitaria o permite, ata sete probas, con citas en Boiro (6 de decembro), Santiago de Compostela (8 de decembro), O Porriño (19 de decembro) e Maceda (20 de decembro).