Os contaxios por Covid no Cisne ascenden xa a 4 con medio equipo á espera dos resultados das súas PCR
Por Diego Espiño
A situación do Club Cisne non para de empeorar co paso dos días, e iso que aínda faltan por coñecer o resultado da maioría de probas na segunda rolda de test de Covid aos que están a ser sometidos estes días xogadores e corpo técnico.
Á primeira hora deste mércores a cifra de contaxiados no equipo pontevedrés ascendía xa a 4, o positivo detectado inicialmente e outros tres compañeiros, os primeiros en someterse ás novas PCR programadas por Sanidade.
Con este panorama, no club cisneísta resígnanse a que a cifra final de afectados no seu plantel termine por dispararse nas próximas horas e días conforme váianse recibindo os resultados das probas, algunhas delas aínda pendentes.
"Levamos 14 días encerrados na casa e aínda non nos deron cita para realizar o PCR a 12 persoas"
"Levamos 14 días encerrados na casa e aínda non nos deron cita para realizar o PCR a 12 persoas", confirman desde o Cisne, que ao longo deste mércores confía en recibir notificacións ao respecto de 5 xogadores máis.
Debido a iso, dando por segura a suspensión do partido de liga previsto para o vindeiro sábado 24 en Guadalaxara, xa se plantexan solicitar ao Comité de Competición a suspensión tamén da seguinte xornada en Asobal, a que debía enfrontarlle o 31 de outubro ao Barcelona no Pavillón Municipal dos Deportes.
A incerteza na entidade é tal que que tanto o adestrador Jabato e Pablo González non saben se poderán acudir á convocatoria da Selección Española Xuvenil, e o mesmo pasa con Álvaro Preciado en categoría júnior.
Relacionadas:
-
O Cisne ve a luz ao final do túnel: 16 probas negativas e volta aos adestramentos o luns 26
Por Diego Espiño |
-
Seguen subindo os positivos por Covid no Cisne, con 6 contaxiados e aínda 8 probas por realizar
Por Redacción |
-
Dous novos positivos por Covid no Cisne despois de 12 días de confinamento
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Nove meses despois, Jabato e os Hispanos Xuvenís póñense en marcha cunha concentración en Madrid
Por Redacción |
-
David Chapela decide deixar o balonmán tras o confinamento do Cisne: "Non podo volver pasar por isto"
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Preciado, citado a unha concentración da Selección Española Júnior
Por Redacción |
-
Ascenden a 16 os positivos por Covid-19 no Balonmano Ciudad Encantada despois de xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Jabato, sobre o uso de máscaras no balonmán tras o positivo en COVID do xogador do Cisne: "no es una opción"
Por Almu Dapena |
-
Alarma no Cisne polo positivo en COVID dun dos seus xogadores
Por Almu Dapena |