O Poio Pescamar recibe o Roldán no seu primeiro partido oficial en sete meses
Por Redacción
Á terceira irá a vencida. Despois do aprazamento dos dous primeiros partidos oficiais do Poio Pescamar, o de Copa Galicia fronte ao Ourense Envialia e a primeira xornada de liga contra o Leganés, as vermellas iniciarán a tempada este sábado no pavillón da Seca medíndose ao Roldán. "Estamos con moitas ganas despois de dous comezos frustrados", recoñece o técnico Manuel Cossío, que non renuncia ás ambiciosas metas das conserveiras aínda que prefire ser cauto e ir "partido a partido".
O salto de calidade dun rival moi reforzado que incorporou a dúas xogadoras internacionais e a ansiedade derivada das ganas de competir despois de sete meses paradas serán os principais obstáculos a superar para facerse cos tres primeiros puntos do curso. "Que non teñamos esa ansiedade habitual dos primeiros partidos, temos que ter equilibrio emocional", recamarca o adestrador.
No plano físico tampouco hai contratempos nas filas do Poio Pescamar. "Fisicamente estamos ben, en principio a pretemporada ía ser curta pero alongouse e non tivemos paróns pola pandemia que si tiveron outros equipos por positivos ou porque Sanidade prohibiu os adestramentos", destaca Cossío, quen recoñece que algunhas futbolistas si arrastran as típicas molestias musculares pola elevada carga de traballo da pretemporada.
Ademais da calidade do rival, a Cossío preocúpalle tamén o bo arranque de tempada, xa que na primeira xornada conseguiron rascar un punto no choque contra o Futsí Atlético, un dos favoritos ao título.
Relacionadas:
-
A portería do Poio Pescamar, en mans do filial para recibir ao Cidade das Burgas
Por Manu Otero |
-
Empate xusto no debut ligueiro do Poio Pescamar fronte ao Roldán (2-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Aprazada a primeira xornada de liga do Poio Pescamar tras un positivo por covid-19 no Leganés
Por Diego Espiño |
-
A Primeira División de fútbol sala feminino reestrutúrase en dous grupos ante a incidencia da covid-19
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar buscará o pase á final da Copa Galicia unha semana antes do inicio da liga
Por Manu Otero |