O Cisne ve a luz ao final do túnel: 16 probas negativas e volta aos adestramentos o luns 26
Por Diego Espiño
Por fin, despois de máis de dúas semanas desde o partido da Liga Asobal fronte ao Cuenca, as noticias comezan a ser esperanzadoras para o Club Cisne, que empeza a ver a luz ao final do túnel co desconfinamento de boa parte do seu plantel.
Os resultados das probas PCR recibidos nas últimas horas non elevaron a cifra de contaxios entre os integrantes do club pontevedrés, que segue sendo de 6 afectados.
Así, segundo confirmou o propio Cisne durante a mañá deste venres, recibíronse 16 resultados negativos, mentres que se segue á espera de realizar o últimas tres PCR para concluír a rolda de test tras as dúas semanas de illamento.
O panorama é xa menos negro que en días anteriores, sabendo iso si que segundo as directrices de Sanidade os xogadores que deron positivo por Covid nas probas esta semana deberán completar outros 10 días en confinamento.
Con boa parte dos xogadores e tamén o corpo técnico ao fin liberados, no Cisne empezan a mirar cara á súa volta á competición, que esperan se produza o vindeiro sábado 31 de outubro no Municipal coa visita do todopoderoso Barcelona.
Para iso, a intención dos de Jabato é reanudar os adestramentos colectivos o vindeiro luns 26 de outubro.
Relacionadas:
-
Asobal valora opcións para acabar a liga se seguen os aprazamentos por covid, entre elas anular os descensos
Por Diego Espiño |
-
A Selección Española trastorna os plans do Cisne e pospón a súa viaxe a Logroño
Por Diego Espiño |
-
Un bo Cisne planta cara ao 'todopoderoso' Barcelona (27-43)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne regresa preparado para unha misión imposible
Por Manu Otero |
-
Asobal facilitará test rápidos de antíxeno aos equipos da liga
Por Redacción |
-
O Cisne rexistra un novo positivo o día no que o equipo volve aos adestramentos
Por Manu Otero |
-
Seguen subindo os positivos por Covid no Cisne, con 6 contaxiados e aínda 8 probas por realizar
Por Redacción |
-
Asobal e Cisne acadan un acordo para a adhesión dos brancos á asociación de clubs
Por Redacción |
-
Os contaxios por Covid no Cisne ascenden xa a 4 con medio equipo á espera dos resultados das súas PCR
Por Diego Espiño |
-
Dous novos positivos por Covid no Cisne despois de 12 días de confinamento
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
David Chapela decide deixar o balonmán tras o confinamento do Cisne: "Non podo volver pasar por isto"
Por Diego Espiño |
-
Ascenden a 16 os positivos por Covid-19 no Balonmano Ciudad Encantada despois de xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alarma no Cisne polo positivo en COVID dun dos seus xogadores
Por Almu Dapena |