O Cisne rexistra un novo positivo o día no que o equipo volve aos adestramentos
Por Manu Otero
Catorce días despois de rexistrar o primeiro positivo no plantel, con sete xogadores aínda de baixa por covid e coa visita do Barcelona prevista para este sábado 31 de outubro, o Dicsa Modular Cisne volve ao traballo. O plantel tiña seis positivos pero as malas noticias volveron a zarandear ao vestiario pontevedrés que viu como este luns, antes de volver a enfundarse o mono de traballo, outro xogador daba positivo por coronavirus elevando a sete o número total de casos activos no club.
Aínda así, os dezasete xogadores sans cos que conta o Cisne actualmente puxéronse este luns ás ordes de Jabato co obxectivo de preparar da mellor forma posible o duelo de previsto para este sábado no Municipal contra o intratable Barcelona. Un encontro que xa en condicións normais presentábase como inalcanzable para os brancos. Pero o duelo adquire agora aínda máis tinguiduras de xesta dadas as baixas, as dúas semanas de inactividade e o medo que aínda ten o equipo no corpo.
O último partido disputado polos brancos tivo lugar o 7 de outubro no Pavillón Municipal fronte ao Cuenca. Foi aí cando se acenderon todas as alarmas, pois varios xogadores do cadro manchego presentaban síntomas compatibles co coronavirus. As malas noticias non tardaron en chegar e o día 11 o Cisne rexistraba o seu primeiro positivo. O goteo de novos contagios era continuo a medida que ían chegando os resultados das PCR realizadas ata alcanzar os 6 casos o que obrigou a aprazar o choque previsto para o día 24 contra o Guadalaxara.
Os xogadores afectados que vaian superando a enfermidade e as probas PCR confirmen que xa non teñen o virus, iranse incorporando á dinámica do grupo. Aínda que polo momento continúan confinados na súa casa e realizando os exercicios que lles marca o preparador físico.
Relacionadas:
-
Valladolid, primeira parada na maratón de partidos do Cisne ata final de mes
Por Diego Espiño |
-
Asobal valora opcións para acabar a liga se seguen os aprazamentos por covid, entre elas anular os descensos
Por Diego Espiño |
-
A Selección Española trastorna os plans do Cisne e pospón a súa viaxe a Logroño
Por Diego Espiño |
-
O Cisne regresa preparado para unha misión imposible
Por Manu Otero |
-
O Cisne ve a luz ao final do túnel: 16 probas negativas e volta aos adestramentos o luns 26
Por Diego Espiño |
-
Seguen subindo os positivos por Covid no Cisne, con 6 contaxiados e aínda 8 probas por realizar
Por Redacción |
-
David Chapela decide deixar o balonmán tras o confinamento do Cisne: "Non podo volver pasar por isto"
Por Diego Espiño |
-
Ascenden a 16 os positivos por Covid-19 no Balonmano Ciudad Encantada despois de xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alarma no Cisne polo positivo en COVID dun dos seus xogadores
Por Almu Dapena |