O Bádminton Pontevedra téntao pero non pode co invicto Pitius (3-4)
Por Redacción
O Ravachol Pontevedra afrontou este sábado una novo duelo na máxima categoría nacional, aínda sen coñecer a vitoria, e ante o claro favorito ao título e líder indiscutible da clasificación, o Club Bádminton Pitius.
Esta cuarta xornada de División de Honra de Bádminton presentábase moi complicada para o conxunto pontevedrés xa que enfronte atopábanse grandes nomes como Enrique Peñalver, Paula López ou Alejandro Alcalá.
Os primeiros en tomar parte no Centro Galego de Tecnificación Deportiva foron Martín Barbado e Noelia Gestoso por parte do Ravachol e Alejandro Alcalá e Paula López no conxunto ibicenco. Foron estes últimos os que levaron a vitoria tras vencer cun contundente 11-21 e 10-21.
Despois chegou a quenda do dobres feminino. Ana Carbón e Georgina Bland levaron un primeiro sufrir xogo por 21-18, pero os dous seguintes foron, de maneira clara, para as visitantes Rafaela Munar e Paula López, que venceron por 13-21 e 08-21.
Manuel Brea e Alejandro Nogueira enfrontáronse a Ricardo Rettig e Enrique Peñalver. Os do Ravachol, igual que as súas compañeiras no dobres feminino lograron facerse coa vitoria no primeiro xogo (21-16), pero terminaron caendo por 19-21 e 11-21 nos seguintes.
Co 0-3 no marcador global chegou o momento de que Alejandro Nogueira defendese ao conxunto pontevedrés de maneira individual. En fronte un Enrique Peñalver que levou os dous xogos (07-21 e 13-21) para sentenciar para o Pitius.
Despois tocáballe a Ana Carbón sufrir para lograr o primeiro punto para o Ravachol. Gañou o primeiro xogo por 21-15, mentres que o segundo foi para o seu rival, Rafaela Munar. No terceiro e decisivo, a local plantou cara ao seu rival e venceu por 21-14.
Georgina Bland, seguindo os pasos da súa compañeira de equipo, sumou o segundo para os de Pontevedra. En fronte, unha Fernanda Munar que nada puido facer e terminou caendo por un contundente 21-12 e 21-09.
Por último, e co 2-4 no marcador, saltaban á pista Manuel Brea e Alejandro Alcalá. Foi o xogador local o que logrou o último punto do encontro, gañando ao seu rival por 21-14, 11-21 e 21-19 e establecendo o 3-4 co que concluíu o duelo.
Relacionadas:
-
Unha medalla de bronce para Manuel Brea premia o esforzo do Ravachol nos campionatos de España de bádminton
Por Redacción |
-
O Ravachol planta cara o Arjonilla pero termina perdendo (5-2)
Por Redacción |
-
Complicada estrea dos representantes do Ravachol no torneo individual do Europeo Junior de bádminton
Por Redacción |
-
Miguens e Rey bañan en ouro ao Bádminton Ravachol no autonómico de Viveiro
Por Redacción |
-
Un Trofeo Cidade de Pontevedra de bádminton sen público pero mantendo a súa esencia
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Ravachol segue sen coñecer a vitoria tras caer co Benalmádena por 6-1
Por Redacción |
-
Derrota do Bádminton Ravachol por 0-7 fronte a un dos candidatos ao título, o Oviedo
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |