Un Pontevedra líder da Segunda B doce anos despois
Por Diego Espiño
Tiveron que pasar 12 anos e medio para volver ver ao Pontevedra liderar a clasificación na Segunda División B. É certo que aínda é a xornada 3 de liga, pero polo medio pasaron moitas cousas, como un descenso a Terceira e unha longa travesía polo deserto.
Unha das curiosidades desta circunstancia é que se produce, como naquela xornada 34 de liga do 19 de abril de 2008, tras vencer no Estadio Municipal de Pasarón o Celta B.
Por aquel entón, con Javi Gracia no banco, os granates venceron 2-0 cun dobrete de Igor de Souza e un tal Charles no once titular, como agora. Aquela tempada o Pontevedra terminaría segundo na liga regular tras o Rayo Vallecano e terminaría cedendo no play- off fronte ao Ceuta.
Desde esa campaña 2007/2008, o club pontevedrés non volveu probar o liderado na división de bronce, a pesar de conseguir un par de temporadas máis pisar o play-off de ascenso. De feito, na última ocasión que iso sucedeu, na tempada 16/17 con Luisito no banco, a mellor clasificación foi o segundo debido a que ocupaba o equipo na segunda xornada de liga.
É certo que como recoñeceu en sala de prensa Jesús Ramos gozar da condición de líder "agora é anecdótico" xa que "nos gustaría estar líderes na décimo oitava xornada", pero non é menos real que completar un positivo inicio de liga a nivel de resultados supón un certo alivio nun curso tan especial como o actual, cunha primeira fase decisiva de só 18 xornadas e sen apenas tempo para remontar o voo no caso de caer nunha mala serie.
A bitola de líder é en todo caso compartida co Zamora, o seu próximo rival, e o Deportivo, os tres con 7 puntos despois das tres primeiras xornadas, unha puntuación que se se mira ao Subgrupo 1-B, co que se cruzará o Pontevedra na segunda fase, tampouco ninguén mellora, só igualada polo Lealtad asturiano aínda que o Langreo (6 puntos) conta cun partido menos. Nese subgrupo os grandes favoritos como Numancia ou Leonesa suman 4 puntos, mentres que outro dos aspirantes como o Burgos conta con 3.
O Pontevedra afrontará a súa primeira defensa do liderado o vindeiro domingo 8 de novembro no campo doutro dos colíderes, o Zamora.
Relacionadas:
-
Dous goles anulados evitan o triunfo en Zamora dun Pontevedra que xogou unha hora en superioridade (0-0)
Por Diego Espiño |
-
A primeira defensa do liderado para o Pontevedra pasa polo "muy combativo" Zamora
Por Diego Espiño |
-
Romay, cun problema muscular, baixa do Pontevedra para o seu desprazamento a Zamora
Por Diego Espiño |
-
O Zamora poderá finalmente dar cabida a 1.135 dos seus socios no partido contra o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Aguirrechu, segundo adestrador do Zamora, ve o Pontevedra como "uno de los mejores equipos de la categoría"
Por Redacción |
-
O partido entre Zamora e Pontevedra no Ruta de la Plata disputarase con público nas bancadas
Por Diego Espiño |
-
A análise dos rivais de Segunda B, un pouco máis fácil
Por Redacción |
-
Moito máis que goles: os intanxibles de contar con Charles e Rufo
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos: "Gustaríanos estar líderes na última xornada, estalo agora é anecdótico"
Por Manu Otero |
-
O líder Pontevedra salva a vitoria despois de dominar a un combativo Celta B (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |