Poio inicia a actividade das súas escolas deportivas municipais con preto de 350 inscritos
Por Redacción
Estréase o mes de novembro e con el póñense en marcha as escolas deportivas municipais de Poio.
Así o anunciou este luns a concelleira de Deportes, Marga Caldas, tras manter unha reunión recente con representantes dos clubs implicados.
Será en todo caso un inicio graduado, coas primeiras modalidades deportivas estreando tempada cumprindo cun estrito protocolo de seguridade, xa que por exemplo algunhas disciplinas como o balonmán, o fútbol sala e o fútbol non comezarán os seus adestramentos ata a próxima semana, a partir do luns día 9, mentres que o tríatlon farao en xaneiro de 2021.
"Tomamos esta decisión para dar algo máis de marxe á hora de organizar ben os grupos de adestramentos", explicou a edil sinalando a aposta que supón este curso a organización das escolas e incidindo na necesidade de promover unha vida saudable entre os menores a través do deporte.
Polo momento, confirmou Caldas, os deportes de contacto levaranse a cabo a través de sesións nas que non exista contacto físico e será obrigatorio o uso de máscaras.
En total as escolas deportivas contarán este curso con preto de 350 inscritos nas súas diferentes opcións, o que supón un descenso no número de participantes, algo " co que contabamos", aínda que para Marga Caldas "non é menos certo que segue habendo un gran interese por parte das familias á hora de apostar polo deporte de base como fórmula de lecer para os seus fillos e fillas".
De feito os datos reflicten incrementos de inscricións nalgúns deportes como o ciclismo ou o kaiak-polo.
O comezo das sesións de adestramento, por agora individualizados e sen contacto, farase de maneira progresiva comezando cos nenos e nenas de categoría xuvenil, e aos poucos iranse sumando os grupos de menos idade.
O Concello de Poio sinala non obstante que seguirá moi de preto a evolución da pandemia xa que "se, por desgraza, nos vemos na obriga de paralizar a actividade, temos deseñado un plan alternativo. Así, por exemplo, apostaremos por alongar a temporada máis alá das datas habituais", explió a responsable municipal de Deportes.
Relacionadas:
-
Poio destina máis de 117.000 euros a axudas ao deporte
Por Redacción |
-
Poio pon en marcha un plan de reactivación no deporte para principios de marzo
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
O prazo para inscribirse na escola deportiva de fútbol de Poio remata o 14 de xaneiro
Por Redacción |
-
Poio abre a preinscrición para as escolas deportivas
Por Redacción |
-
Poio pacta cos clubs iniciar as escolas deportivas a partir do 1 de outubro
Por Redacción |
-
Deportistas e clubs locais súmanse ao 'Poio Móvese na Casa' compartindo vídeos de adestramentos
Por Redacción |