A Selección Española trastorna os plans do Cisne e pospón a súa viaxe a Logroño
Por Diego Espiño
Cambio de plans no Club Cisne Balonmán, que este semana aproveitando o parón da Liga Asobal por ser data para as seleccións nacionais pretendía recuperar un dos partidos aprazados polo confinamento do plantel.
O conxunto pontevedrés tiña previsto desprazarse á Rioxa para enfrontarse ao Ciudad de Logroño, o primeiro dos seus tres encontros aprazados pola Covid.
Con todo co que non contaban no Cisne é coa convocatoria de última hora de Antonio Serradilla, xogador do Logroño, coa Selección Española para o debut de España na Euro Cup 2022, que se producirá este mércores en Hungría.
Novedades de última hora en los #Hispanos de cara a su debut en la #EHFEUROCup2022
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) November 2, 2020
Entran @Serradilla_15 del @CdadLogrono y @jaimefdez_17 del @ADEMARLEON
Salen @AitorArino13 del @FCBhandbol, y @AlexDujshebaev, @danidujshe44 y @Angel_F32 del @kielcehandball
Esta circunstancia inesperada por varias baixas no combinado nacional botaron ao traste o pacto de recuperar a xornada perdida esta próxima fin de semana, ao que renuncia o Logroño para non perder a un dos seus mellores xogadores.
Desta forma os de Jabato seguirán con tres partidos menos disputados durante unhas semanas máis, e non volverán competir ata o mércores 11 de novembro, cando se enfrontarán a domicilio ao Atlético Valladolid. Farano xa, salvo contratempo, con todo o plantel recuperado, posto que este mércores está previsto que reciba o alta o último xogador afectado pola Covid tras concluír o seu período de illamento.
En canto ás outras dúas citas suspendidas polo coronavirus, o Cisne pactou co Balonmán Nava disputar ese encontro o día 2 de decembro no Municipal de Pontevedra. Pendente queda ademais o choque fronte ao Guadalajara.
Relacionadas:
-
O Bidasoa recibe permiso para viaxar a Pontevedra a pesar da detección dun caso de Covid no seu plantel
Por Diego Espiño |
-
Un combativo Cisne roza os puntos en Valladolid pero termina cedendo (29-26)
Por Diego Espiño |
-
Valladolid, primeira parada na maratón de partidos do Cisne ata final de mes
Por Diego Espiño |
-
Asobal valora opcións para acabar a liga se seguen os aprazamentos por covid, entre elas anular os descensos
Por Diego Espiño |
-
Un bo Cisne planta cara ao 'todopoderoso' Barcelona (27-43)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
David Chapela despídese do Cisne nun vídeo para a afección
Por Redacción |
-
O Cisne rexistra un novo positivo o día no que o equipo volve aos adestramentos
Por Manu Otero |
-
O Cisne ve a luz ao final do túnel: 16 probas negativas e volta aos adestramentos o luns 26
Por Diego Espiño |
-
Asobal e Cisne acadan un acordo para a adhesión dos brancos á asociación de clubs
Por Redacción |