Convocan a Lydia Pérez para participar nun torneo internacional en Polonia, a súa primeira competición desde marzo
Por Redacción
Foi unha longa espera para Lydia Pérez Touriño, pero chegará ao seu fin esta mesma semana na que será a súa primeira competición oficial desde o pasado mes de marzo, cando se decretou o primeiro estado de alarma debido á pandemia de Covid.
A deportista pontevedresa, que prepara o seu asalto ao clasificatorio preolímpico co obxectivo de estar en Tokyo o próximo verán, foi convocada pola Selección Española para participar no Torneo Internacional Ziolkowski Pitiasinski, en Polonia.
Lydia ten previsto viaxar a Varsovia o xoves 5 de novembro, estando fixada a competición na súa categoría para o venres día 6. Con todo tras a mesma non regresará a Pontevedra, xa que permanecerá concentrada na capital polaca ata o próximo 15 de novembro.
Este torneo internacional desenvolverase con importantes medidas de seguridade. De feito todos os deportistas deben someterse a unha PCR antes de viaxar, un test que será repetido en Polonia segundo informa a Federación Galega de Loita.
Relacionadas:
-
Suecia e Ucraína, últimas paradas de Lydia Pérez antes de asaltar a clasificación olímpica
Por Redacción |
-
Lydia Pérez inicia en Niza a conta atrás cara ao Preolímpico
Por Redacción |
-
Experiencia sen fortuna para Lydia Pérez na Copa do Mundo de Loita en Serbia
Por Redacción |
-
Os equipos de natación e loita olímpica do CGTD, en corentena por dous casos positivos por Covid-19
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez viaxa a Sierra Nevada á primeira concentración post-Covid da loita olímpica nacional
Por Redacción |
-
A United World Wrestling rectifica e mantén o sistema de clasificación para Tokio 2021
Por Manu Otero | Creada e actualizada