Complicada estrea dos representantes do Ravachol no torneo individual do Europeo Junior de bádminton
Por Redacción
Ania Setién e Gabriel Fernández non se estrearon con bo pé na competición individual e por parellas do Campionato de Europa Júnior de bádminton que se está disputando na localidade finlandesa de Lahti.
Despois de conseguir un notable quinto posto por equipos coa Selección Española, os representantes do Ravachol Pontevedra estreáronse na segunda fase do torneo.
Ania Setién mediuse a unha xogadora complicada como a ucraína Mariia Stoliarenko. A deportista vasca do club pontevedrés tentou impoñer o seu xogo pero non o logrou, cedendo en tres mangas por 21-15, 21-15 e 21-13.
Pese ao resultado e a que se recupera dunha recente lesión, Setíen tomou parte tamén da competición de dobres formando parella con Lucía Rodríguez. Ambas enfrontáronse ás checas Lucie Krpatova e Katerina Zuzakova, e perderon por un axustado resultado. Foi un partido moi igualado na que a xogadora do Ravachol non tivo fortuna ao torcerse o pé e prosucirse unha escordadura que minguou o seu xogo. O tenteo final foi de 21-18 e 23-21.
Pola súa banda Gabriel Fernández enfrontouse a un dos grandes favoritos do torneo, o danés Christopher Vittoriani, cedendo por 21-13 e 21-10 en 22 minutos #ante un rival chamado a ser unha da grandes figura do bádminton europeo.
Relacionadas:
-
O Ravachol estrea unha furgoneta adquirida a través dunha subvención da Xunta
Por Redacción |
-
O Ravachol planta cara o Arjonilla pero termina perdendo (5-2)
Por Redacción |
-
O Bádminton Pontevedra téntao pero non pode co invicto Pitius (3-4)
Por Redacción |
-
Miguens e Rey bañan en ouro ao Bádminton Ravachol no autonómico de Viveiro
Por Redacción |
-
Un Trofeo Cidade de Pontevedra de bádminton sen público pero mantendo a súa esencia
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Ania Setién, do Bádminton Ravachol Pontevedra, campioa do Internacional de España júnior
Por Redacción |
-
Ania Setién e Gabriel Fernández, convocados pola selección nacional júnior para competir no Europeo
Por Redacción |