Dous aprazamentos despois, o Arxil prepárase para volver competir
Por Redacción
A espera para o Club Baloncesto Arxil chega ao seu fin con derbi, recibindo este sábado (19.30 horas) no Centro Galego de Tecnificación o Cortegada de Vilagarcía.
O conxunto pontevedrés poñerá así fin a dúas xornadas sen competir debido ao aprazamento dos seus dous últimos partidos na Liga Feminina 2 por casos de Covid nos seus rivais.
Trátase dun compromiso importante para as arxilistas, tras as súas derrotas fronte a Universitario Ferrol e Celta, xa que unha vitoria daría certa marxe de manobra de fronte ao dobre desprazamento que afrontará a próxima semana, primeiro recuperando entre semana a xornada aprazada ante o Rosalía santiagués e despois visitando o Plasencia.
Os dous equipos, Arxil e Cortegada, chegan á cita en idéntica situación, cun balance dunha vitoria e dúas derrotas ao aprazar dous das súas xornadas.
A mellor noticia para Mayte Méndez é que o parón lle permitirá contar con todo o plantel para o derbi.
O encontro disputarase con limitación de público nas bancadas do CGTD, aínda que o Arxil atópase á espera de saber se contará cun aforo máximo de 30 ou de 50 afeccionados en función das novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
O Arxil suma a súa terceira derrota tras caer no derbi co Cortegada (58-63)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Suspendido por segunda xornada consecutiva o partido de liga do Arxil, por un positivo no seu rival
Por Redacción |
-
O Arxil planta cara ao líder na primeira parte pero derrúbase na segunda (53-93)
Por Manu Otero |
-
Suspendido o partido da Liga Feminina 2 entre Rosalía e Arxil pola corentena de catro xogadoras santiaguesas
Por Diego Espiño |
-
O Arxil planta cara ante o Celta pero remata caendo por 62-67
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |