O Leis pasa de rolda na Copa do Rei pola retirada do seu rival, O Esteo
Por Redacción
Sen chegar a xogar o Leis Pontevedra segue adiante na Copa do Rei de Fútbol sala.
O conxunto pontevedrés, que no seu momento aprazou o encontro que lle debía enfrontar a O Esteo polo illamento do seu persoal tras varios positivos por Covid, avanza de rolda tras a retirada do seu rival, segundo informou este xoves a Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
Desta forma o Leis supera a primeira eliminatoria entre equipos da Segunda B, e non só iso, senón que foi designado como equipo exento na segunda rolda, tal e como estableceu o sorteo celebrado en sede federativa.
Esta eliminatoria deberá xogarse o 10 ou o 11 de novembro, pero o Leis avanza directamente á seguinte fase da competición.
Os catro partidos establecidos polo sorteo enfrontarán serán El Valle-Albense, Sima Granada-Melistar, Otxartabe-Ziérbana e Martorell-Barceloneta, mentres que quedaron exentos o propio Leis xunto a San Juan, Mataró, Nova Elda e Gran Canaria.
Relacionadas:
-
O Santiago Futsal apea o Leis da Copa do Rei (2-6)
Por Redacción |
-
O Santiago Futsal será o rival do Leis na terceira eliminatoria da Copa do Rei
Por Redacción |
-
O Leis retoma os adestramentos con dúas baixas por covid-19 e unha renuncia por problemas laborais
Por Manu Otero |
-
O sorteo da primeira rolda da Copa do Rei emparella o Leis co Esteo
Por Redacción |
-
O Leis confirma un positivo por Covid-19 no seu plantel e solicita o aprazamento do primeiro partido de liga
Por Diego Espiño |
-
O plantel do Leis Pontevedra, en confinamento tras un positivo por covid-19 no Santiago Futsal
Por Diego Espiño |