O dianteiro Grego incorpórase ao Arosa como cedido ata o inicio da liga en Preferente
Por Redacción
Rafa Sáez poderá contar cun reforzo máis no Arosa, un efectivo para a parcela ofensiva tal e como era a súa intención en pretemporada.
Será de momento unha incorporación temporal, pero que podería alongarse e mesmo converterse en definitiva se se aplaza o inicio da liga en Preferente.
Trátase de Grego, dianteiro de 24 anos saído das súas categorías inferiores pero que conta con ficha federativa no Céltiga de Preferente.
O acordo, previa autorización co club da Illa, pechouse precisamente cunha cláusula que ocasionaría o seu regreso ao Céltiga no momento no que se decida retomar a competición en Preferente, unha categoría que debería dar comezo o próxiumo día 29 segundo os plans da Real Federación Galega de Fútbol pero que na práctica atópase nun limbo debido á situación sanitaria.
O dianteiro afrontará desta forma a súa segunda etapa no primeiro equipo do Arosa, econ a que competiu tempada e media antes de saír do club no inverno na tempada 15/16.
Relacionadas:
-
Remontada do Arosa fronte ao Ourense para sumar tres puntos máis (2-1) e o Ribadumia cae pola mínima na súa visita ao Atios (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Ribadumia suman tres puntos tras vencer a UD Ourense e Choco
Por Redacción |
-
Un erro defensivo condena o Arosa fronte o Arenteiro
Por Almu Dapena |