O Arxil suma a súa terceira derrota tras caer no derbi co Cortegada (58-63)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
O Club Baloncesto Arxil volveu este sábado á pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para disputar a sexta xornada de Liga Feminina 2. Despois de dúas xornadas sen xogar debido aos aprazamentos por casos de covid nos seus rivais, o club pontevedrés chegou á cita coa obrigación de gañar a un rival directo, o Cortegada.
O derbi comezou con total igualdade tanto ofensiva como defensivamente, sendo as visitantes as máis eficaces diante do aro que lle permitiron unha pequena vantaxe de tres puntos ao chegar ao final do primeiro cuarto (14-17).
Tras a continuación, o Cortegada seguiu aumentando a súa renda grazas á súa eficacia desde o lanzamento de tres, logrando alcanzar unha diferenza de ata dez puntos cando se cumpriron pouco máis de 2 minutos (16-26). Aínda así, o Arxil non baixou os brazos e tentou que esa diferenza non fose maior e así chegar ao descanso con opcións de pelexar pola vitoria (27-36).
Despois do paso polo vestiario, as de Mayte Méndez seguiron recortando distancias. Noelia Masía con 12 puntos, e Sara Castro con 10, lideraban a un Arxil que aos poucos se facía co camiño para unha posible remontada (43-49). Con todo, e aínda que o último acto foi o mellor para as locais, non foi suficiente para dar a volta ao partido e finalmente acabaron caendo por 58-63.
Consulta as estatísticas do CB Arxil-Cortegada.
Relacionadas:
-
O Arxil sorteará entre os seus socios os 30 asentos permitidos para ver ás verdes no CGTD
Por Redacción |
-
O Arxil respira á conta do Rosalía e suma a súa segunda vitoria da tempada (41-59)
Por Redacción |
-
O Arxil recupera xornada aprazada en Santiago coa necesidade de gañar
Por Redacción |
-
Dous aprazamentos despois, o Arxil prepárase para volver competir
Por Redacción |
-
O Arxil planta cara ao líder na primeira parte pero derrúbase na segunda (53-93)
Por Manu Otero |
-
O Arxil planta cara ante o Celta pero remata caendo por 62-67
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |