O Centro Deportivo Rías do Sur volve pechar pola actual situación sanitaria
Por Redacción
Desde este luns 9 de novembro ata novo aviso, o Centro Deportivo Rías do Sur volverá pechar as súas portas debido á situación sanitaria.
A pesar diso, para garantir a seguridade e o benestar dos usuarios, impartirán actividades online a través da canle de Youtube.
Desta maneira, durante os días que non se permita o acceso á instalación, todo aquel que queira facer exercicio desde casa poderá facelo seguindo as instrucións do centro.
En canto ás cotas, desde Rías do Sur informan que os días que quedan ata final de mes, nos que non poderán prestar o servizo, descontarano da próxima mensualidade, evitando así calquera trámite por parte dos usuarios.
Por último, o centro comunicará polas canles habituais (redes sociais, e-mail, páxina web...) o momento de reapertura.
Relacionadas:
-
O Concello ofrécese a colaborar con Rías do Sur "polo ben da natación e o waterpolo"
Por Manu Otero |
-
Os clubs asumen a xestión do Centro Deportivo Rías do Sur logo do seu peche por parte de Supera
Por Manu Otero |
-
A Secretaría Xeral para o Deporte aclara as dúbidas xurdidas polas novas restricións
Por Redacción |