O Arosa sofre pero vence o Barco para colocarse líder de Terceira (0-2)
Por Redacción
O Arosa viaxou este domingo ao Barco de Valdeorras para disputar a cuarta xornada de liga do grupo 1B de Terceira División.
Os arlequinados pelexaban por sumar a súa terceira vitoria consecutiva en liga tras vencer nos seus dous últimos partidos fronte á VDE Ourense (0-1) e ao Ourense CF (2-1), mentres que o Barco buscaba resarcirse da súa derrota #ante a VDE Ourense a xornada pasada.
O conxunto vilagarcián afrontou a cita sen catro futbolistas crave tras as baixas de Róber, Javi Otero, Javi Piay e Jorge Fajardo. A pesar diso, souberon agarrarse ao gol inicial e, sufrindo por momentos, lograron sumar tres puntos máis que os aúpan ao primeiro posto da táboa.
O primeiro gol do partido chegou cando se alcanzaba o cuarto de hora de partido. O Arosa adiantábase cun tanto de Campillo que obrigou ao Barco para sacar a garra e buscar o empate custe o que custe.
Desta maneira, no segundo acto o conxunto local practicamente non saíu do campo dos arlequinados en busca da igualada, pero Manu Táboas, aínda que sufría en cada chegada, soubo manter a portería a cero.
Non foi ata a recta final do encontro cando os arlequinados sentenciaron. Cotilla apareceu no minuto 87 para dar aire aos seus e levar os tres puntos que estaban en xogo en Calabagueiros.
A próxima fin de semana o campo da Lomba abrirase para celebrar o encontro entre o Arosa, líder, e o Choco, quinto clasificado con sete puntos.
onsulta a acta do Barco-Arosa.
Relacionadas:
-
Solidez de líder do Arosa para vencer en Bouzas e sufrido triunfo do Ribadumia fronte ao Pontellas
Por Redacción |
-
O líder Arosa vence ao Atios con gol de Pedro Beda (1-0) e o Ribadumia suma unha nova derrota tras caer fronte ao Barco (2-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un dobrete de Pedro Beda dá a vitoria ao Arosa ante o Pontellas (0-2) e a UD Ourense reparte os puntos co Ribadumia (2-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia cae goleado ante o Alondras (4-0) e o Arosa cede os tres puntos ante o Choco (1-2)
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre Ribadumia e Estradense tras un partido de infarto (3-3)
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa fronte ao Ourense para sumar tres puntos máis (2-1) e o Ribadumia cae pola mínima na súa visita ao Atios (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Ribadumia suman tres puntos tras vencer a UD Ourense e Choco
Por Redacción |
-
Un erro defensivo condena o Arosa fronte o Arenteiro
Por Almu Dapena |