O Arxil recupera xornada aprazada en Santiago coa necesidade de gañar
Por Redacción
Tres derrotas consecutivas, fronte a Celta, Universitario Ferrol e Cortegada, deixaron ao Club Baloncesto Arxil nunha situación comprometida na Liga Feminina 2.
As verdes ocupan o posto 13 na clasificación, aínda que con dúas xornadas aprazadas, cun balance dunha vitoria e as tres mencionadas derrotas
Unha desas xornadas suspendidas por mor da Covid é a que debe enfrontarlle ao Rosalía santiagués, e será a primeira que recuperará ao ter previsto desprazarse este mesmo mércores 11 de novembro (21.00 horas) ata a capital galega para enfrontarse a un equipo con aínda máis urxencias, xa que non coñece o triunfo esta tempada.
As pontevedresas márcanse como obxectivo esta semana empezar a sumar en positivo e escalar posicións que lle afasten da zona baixa da táboa nun curso no que a clasificación na Liga Feminina 2 será determinante ante unha esperada reestruturación, e que na práctica pode supoñer o descenso de 28 dos 48 equipos da categoría.
O desprazamento a Santiago de Compostela será o primeiro de dous que deberá afrontar o Arxil esta semana, xa que o sábado 14 visitará ao Plasencia estremeño.
Relacionadas:
-
O Arxil respira á conta do Rosalía e suma a súa segunda vitoria da tempada (41-59)
Por Redacción |
-
O Arxil suma a súa terceira derrota tras caer no derbi co Cortegada (58-63)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Suspendido por segunda xornada consecutiva o partido de liga do Arxil, por un positivo no seu rival
Por Redacción |
-
O Arxil planta cara ao líder na primeira parte pero derrúbase na segunda (53-93)
Por Manu Otero |
-
Suspendido o partido da Liga Feminina 2 entre Rosalía e Arxil pola corentena de catro xogadoras santiaguesas
Por Diego Espiño |