O Partido Popular asegura que o concelleiro Tino Fernández "no cree en el deporte, no le preocupan ni clubes ni deportistas"
Por Redacción
O edil popular Guille Juncal compareceu este mércores ante os medios para dar resposta ás declaracións do concelleiro de Deportes nas que pedía a suspensión das competicións deportivas federadas de ámbito autonómico.
Para Juncal estas afirmacións supoñen unha "absoluta falta de respeto, ya no solo a la Xunta de Galicia, sino al trabajo de las 58 federaciones deportivas gallegas que llevan meses trabajando en la elaboración de los protocolos sanitarios".
Segundo o representante popular, o responsable municipal de Deportes "es un dirigente que no cree en el deporte, al que no le preocupan ni clubs ni deportistas", acusou na súa comparecencia.
No seu discurso Guille Juncal defendeu que a decisión de activar as competicións de deporte federado en Galicia "es absolutamente razonable", tal e como reflicten os datos xa que "en esta segunda la tasa de incidencia del virus en el deporte federado es inferior al 0,3%", asegurou.
"Exigimos al concejal de Deportes que deje de politizar el deporte en Pontevedra, que respete el cargo que ostenta y que no utilice su cargo como mero instrumento de confrontación", completou o popular.
Relacionadas:
-
O PP local diríxese por carta aos clubs de Pontevedra: "O deporte volverá máis forte"
Por Redacción |
-
Tino Fernández aplaude que a Xunta "admita ao fin que hai que aplicar criterios de prevención e prudencia no deporte"
Por Redacción |
-
Tino Fernández ve "caóticas" as medidas de restrición da Xunta para o deporte e pide a paralización das competicións autonómicas federadas
Por Diego Espiño |