A VII Milla Solidaria Anedia, limitada a 160 participantes e retransmitida vía streaming
Por Redacción
As instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra acollerán este próximo sábado a VII Milla Solidaria Anedia, organizada con motivo do Dia Mundial da Diabetes.
A proba deportiva, que foi presentada oficialmente este xoves no Teatro Principal, desenvolverase con rigorosos protocolos de seguridade que, entre outras cousas, restrinxirán a participación a 160 deportistas.
"Organizando este evento, queremos concienciar á xente de que si se pode celebrar unha proba ao aire libre, a condición de que se trate de deporte individual, cun protocolo estrito e coa maior esixencia e responsabilidade", sinalou o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, sobre o evento acompañado entre outros a presidenta de Anedia, Mari Rego; o director técnico da competición, Gonzalo Méndez; o edil Marcos Rey; o xefe provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides; e o delegado da Federación Galega de Atletismo en Pontevedra, David Ferrer.
En canto ao protocolo de seguridade, Méndez explicou que "será moi especial en todos os aspectos, xa que se aplicará dentro e fóra do Estadio, tentando que non haxa nin unha soa aglomeración tamén no exterior e non permitindo que accedan ao interior máis persoas que os atletas e adestradores".
Segundo detallaron os organizadores, a Milla Solidaria Anedia contará con 16 atletas por proba (oito por carreira) desde a categoría sub-10 ata a absoluta, tanto feminina como masculina, permitíndose un adestrador por cada cinco deportistas.
Está previsto que a a actividade de comezo ás 11.00 horas coas categorías máis baixas, mentres que a milla absoluta tendrá lugar ás 13.00 horas.
Para facilitar a súa difusión e seguimento, a xornada será retransmitida vía streaming a través da canle de Youtube de Anedia e o Facebook de Deportes Pontevedra.
Relacionadas:
-
Marta Casanova pulveriza o récord galego de milla en pista no evento solidario organizado por Anedia
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Luz azul na Casa Consistorial e na Deputación para conmemorar o Día Mundial da Diabetes
Por Redacción |
-
Deporte e contacontos para concienciar sobre a diabetes
Por Manu Otero |
-
Medio milleiro de persoas correron na sexta Milla Urbana Anedia
Por Diego Torrado |