O ciclocrós Poio Móvese cae do precalendario autonómico pola incidencia da covid no municipio
Por Redacción
Poio non formará finalmente parte esta tempada da Copa Galicia de Ciclocrós.
Segundo informa a Federación Galega de Ciclismo, a cuarta edición do ciclocrós Poio Móvese que estaba prevista para o día 29 de novembro caeu do precalendario autonómico que está previsto someter a votación o vindeiro domingo 15 na Asemblea Xeral federativa.
O motivo deste cambio de última hora é que a organización da carreira, o Poio Bike Club, non recibiu a autorización do Concello para levala a cabo debido ao actual número de casos de Covid-19 detectados no municipio.
Desta forma, de ser aprobado o calendario, a competición autonómica contaría con seis citas puntuables, comezando o próximo día 21 co Ciclocrós Xaxán en Marín, mentres que Sanxenxo o 28 de novembro sería escenario do I Cicloross Con da Romaiña.
O resto de probas da Copa Galicia terán lugar o 6 de decembro en Boiro, o 8 de decembro en Santiago de Compostela, o 19 de decembro no Porriño e o 20 do mesmo mes en Maceda.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo pecha a Copa Galicia de Ciclocrós con pleno de triunfos
Por Redacción |
-
Irene Trabazo exhíbese sobre o barro compostelán na terceira parada da Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |
-
A marinense Irene Trabazo faise co ouro na proba de Ciclocrós da Copa Galicia e Zoe del Río finaliza segundo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sanxenxo estreará o seu circuíto de ciclocrós o día 28 cunha proba da Copa Galicia
Por Redacción |
-
Marín, Sanxenxo e Poio, no precalendario autonómico de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo participa en Altea na primeira concentración nacional de ciclocrós
Por Redacción |
-
O Poio Bike Club, preparado para unha nova tempada
Por Redacción |