A pandemia non frea a Regata de Nadal do Real Club de Mar de Aguete
Por Redacción
O Real Club de Mar de Aguete prepárase para dar o pistoletazo de saída á edición XXII da súa tradicional Regata de Nadal de Cruceiros.
A pandemia non frea a unha cita xa clásica e que dará comezo coa súa primeira xornada o vindeiro sábado 14 de novembro, en augas da ría de Pontevedra.
A regata contará con catro xornadas, xa que ademais deste sábado día 14, disputaranse outras tres probas os próximos tamén sábados 21, 28 de novembro e 12 de decembro.
Segundo informa a organización, cada barco poderá descartar a súa peor puntuación das catro probas.
A competición arrincará a partir das 13.30 horas, con embarcacións participantes das clases ORC e Clásicos/Veteranos.