O balón parado condena o Arousana en Valladares (2-2) e o Interrías cede o liderado tras caer fronte o Vitoria CF (1-2)
Por Almu Dapena
Dura fin de semana para os equipos da comarca tras disputa da cuarta xornada de Primeira Nacional feminina. O Viajes Interrías FF recibiu en San Pedro ao Victoria CF e o Atlético Arousana desprazouse a Vigo para enfrontarse a un dos rivais directos pola permanencia, o Valladares. Ao Umia, pola súa banda, tocoulle fin de semana de descanso.
VALLADARES 2 - 2 ATLÉTICO AROUSANA
O Atlético Arousana chegaba a Valladares con aspiracións de sumar o primeiros tres puntos da tempada. Conscientes da dificultade de vencer no campo de reducidas dimensións en comparación coa Lomba, ao conxunto amarelo custoulle asentarse no campo e demostrar a súa mellor versión.
Aínda que comezaron sen cometer erros, superando sen problema a primeira liña de presión dun rival que apertaba cada saída de balón, non foi ata o minuto 20 cando gozaron da mellor ocasión que se converteu no primeiro tanto do partido. O Arousana trenzó moi ben o esférico que chegou a Belén, sacando un bo disparo cruzado co que bateu á porteira local.
Despois do gol, o duelo seguiu co mesmo guion e, nunha falta escorada, Miri coou o esférico moi axustado as mallas rivais poñendo o 0-2 e deixando o partido de cara para o Arousana.
Tras o paso polos vestiarios o Valladares recortou distancias aproveitando un erro rival tras a saída dun córner. O balón chegou ao segundo pau onde Nerea recibiu libre de marca e meteu ás súas de cheo no encontro.
O Arousana, no canto de pecharse no seu campo para aguantar o resultado, saíu en busca do terceiro tanto, pero nin Miri, nin Dini, nin Belén, foron capaces de finalizar de maneira clara.
Xa nos últimos compases e coa frustración de chegar e non finiquitar o partido, as de Vilagarcía cometeron unha falta preto do córner esquerdo que botou María. A pesar de que Yei logrou rozar o balón, non foi capaz de rexeitalo e coouse dentro da portería poñendo o 2-2 co que se alcanzou o asubío final.
VIAJES INTERRÍAS 1 - 2 VICTORIA CF 2
O Viajes Interrías perdeu o liderado este domingo tras caer por 1-2 fronte o Victoria de Coruña.
As de Sanxenxo sufriron durante toda unha primeira metade na que non atoparon espazos para xerar algunha ocasión clara. O Victoria, cunha presión moi alta, e o Interrías, con présa por chegar á portería contraria, deixou un claro dominador durante os primeiros 45 minutos.
A ocasión máis clara para as locais foi no minuto 14. Lola, tras unha espléndida xogada individual plantouse diante de Clara pero foi a porteira a que gañou a partida evitando o primeiro gol do partido. Os seguintes compases foron un quero e non podo por parte do Interrías, que buscaba filtrar pases longos que as centrais rivais interceptaban sen problema.
No minuto 27 chegou a xogada polémica. O colexiado non dubidou en pitar penalti despois de que Cata derrubase á dianteira do Victoria, María. A encargada de lanzar a pena máxima foi Ceti que enganou a Isa para coar o esférico polo centro da portería e así abrir a lata para as visitantes.
O gol fixo efecto no Interrías que, no canto de tentar facer o seu xogo, seguiron cometendo erros que terminaron noutro gol para as visitantes. No minuto 37, Tati enviou un pase filtrado entre a defensa local que recolleu María. A dianteira do Victoria aproveitou a saída de Isa para batela e poñer o 0-2 co que se alcanzou o descanso.
A segunda metade foi outro cantar. O Interrías cambiou o sistema de xogo e saíu a por os tres puntos. Tívoa Connie no minuto 50, pero o control escapóuselle e non puido definir con claridade, mentres que o colexiado anulaba as continuas internadas locais por foses de xogo.
Non foi ata o minuto 63 cando as de Sanxenxo recortaron distancias. Raquel anticipouse á defensa local nun balón parado que enviou Balo e bateu por baixo a Clara para meter ás súas de cheo no encontro.
Tras o gol, o duelo converteuse nun continuo monólogo do Interrías que buscaba a igualada. O cansazo comezou a facer efecto nun Victoria que o único que tivo que facer foi pecharse no seu campo e aguantar o resultado.
Cando máis sufriron as visitantes foi a falta de 5 minutos para o final. Raquel disparou de bolea de lonxe pero a porteira local interveu para evitar o que sería o empate.
Finalmente, 1-2 e primeira derrota do Interrías esta tempada cedendo o liderado ao Victoria CF, con tres partidos gañados e un menos disputado.
VALORACIÓN DOS TÉCNICOS
Nando González (Atlético Arousana): "Non tivemos a mesma intensidade que nos anteriores partidos pero asentámonos ben no campo intentando non cometer erros. Sabíamos que elas eran perigosas a balón parado e así foi como viñeron os goles. Agora hai que continuar e intentar sacar o lado positivo."
Luis Treviño (Viajes Interrías FF): "La primera parte por nuestro lado estuvo muy mal, no fuimos fieles a nuestra manera de jugar ni al trabajo de toda la semana. La segunda parte hubo más peligro, tuvimos innumerables ocasiones pero la gran actuación de su portera les hizo llevarse los puntos para Coruña. Es un pellizco de realidad de que este es un grupo es un grupo dificilísimo y en todos los partidos hay que salir a ganar desde el momento en el que pita el árbitro. Es una derrota dura pero muchas veces necesaria."
Relacionadas:
-
O Umia vence o Atlético Arousana no derbi na Bouza (5-1) e o Interrías golea o Valladares (6-0)
Por Almu Dapena |
-
O Interrías vence ao Vitoria FC pola mínima (1-0), o Arousana cae goleado ante o Sárdoma (5-1) e o Umia perde na casa co Mos (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Interrías recupera o liderado tras vencer ao Umia CF nun derbi de alta intensidade (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Interrías é máis líder tras vencer o Sárdoma (1-2); o Umia cae goleado polo Victoria CF (5-2); e o Arousana salva o empate ante o Mos (2-2)
Por Almu Dapena |
-
O Interrías vence o Deportivo B e colócase colíder (3-1); o Arousana cae ante o Victoria FC (2-1); e o Umia perde contra o Sárdoma (1-3)
Por Almu Dapena |
-
O Interrías leva o derbi ante o Arousana (0-3) e o Umia cae goleado na súa visita o Dépor en Abegondo (9-0)
Por Almu Dapena |