O Ravachol planta cara o Arjonilla pero termina perdendo (5-2)
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra desprazouse esta fin de semana a terras andaluzas para enfrontarse a Arjonilla, un dos equipos que máis se reforzou nesta liga.
Os de Jesús Pereiro viaxaban coa moral alta tras plantar cara o líder Pitiús na pasada xornada, pero nada puideron facer Martín Barbado e Raquel Míguens no primeiro encontro da fin de semana. Os xogadores do conxunto visitante medíronse a Juan Blas Villalta e Manuela Díaz no dobres mixtos, cedendo en dúas mangas por 21-11 e 21-08.
No dobres masculino puido chegar o primeiro punto para os de Pontevedra, pero Manuel Brea e Alejandro Nogueira terminaron cedendo fronte a Juan Blas Villalta e Miguel Barbado tras dous axustados 21-19 e 22-20.
Ana Carbón e Georgina Bland enfrontáronse a Amy Tan e Carla Moyano en busca do primeiro punto para o seu equipo. As xogadoras do Ravachol plantaron cara ao seu rival pero terminaron perdendo nun axustado resultado (21-19, 18-21 e 21-17).
Chegou o individual feminino e Bland regresou á pista para vencer a Manuela Díaz nun contundente 17-21 e 13-21 poñendo así o 3-1 no marcador global. Despois apareceu Manuel Brea que, seguindo os pasos da súa compañeira de equipo, meteu ao Ravachol de cheo na pelexa polo primeiros tres puntos da tempada. A pesar de caer nunha axustada primeira manga (21-19), o xogador visitante non perdoou e derrotou a Tomás Toledano por 12-21 e 11-21.
Co 3-2 no luminoso, Ana Carbón volveu coller a súa raqueta para competir no duelo decisivo contra Amy Tan. A xogadora visitante non puido facer nada e caeu por un contundente 21-10 e 21-09 que deixou ao Ravachol sen opcións de puntuar.
Por último, co 4-2 no marcador, Alejandro Nogueira saltou á pista para medirse a Joan Monroy. O xogador do Pontevedra terminou cedendo por 21-12 e 21-08 establecendo o 5-2 co que concluíu o duelo.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol suma a súa primeira vitoria na máxima categoría fronte o Rinconada Sevilla (5-2)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Bádminton Ravachol pecha a súa participación nos campionatos nacionais individuais
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol brilla no autonómico absoluto
Por Redacción |
-
Unha medalla de bronce para Manuel Brea premia o esforzo do Ravachol nos campionatos de España de bádminton
Por Redacción |
-
O Ravachol estrea unha furgoneta adquirida a través dunha subvención da Xunta
Por Redacción |
-
Complicada estrea dos representantes do Ravachol no torneo individual do Europeo Junior de bádminton
Por Redacción |
-
O Bádminton Pontevedra téntao pero non pode co invicto Pitius (3-4)
Por Redacción |
-
Miguens e Rey bañan en ouro ao Bádminton Ravachol no autonómico de Viveiro
Por Redacción |