O Pontevedra recibe unha axuda de 108.450 euros de la RFEF
Por Manu Otero
A Real Federación Española de Fútbol fixo pública este luns a resolución provisional das axudas a clubs non profesionais de Segunda B e Terceira do programa Impulso 23, unha iniciativa a través da cal cada tempada os equipos destas categorías reciben fondos para avanzar na súa profesionalización.
Entre os beneficiarios atópase, un ano máis, o Pontevedra CF que ingresará nas súas arcas 63.450 euros como axuda para a profesionalización, 5.000 euros en concepto de axuda por desprazamentos e 40.000 euros adicionais para fomentar o fútbol base. Un total de 108.450 euros que poderían verse incrementados en función da andaina do equipo granate na Copa do Rey.
En total, a RFEF repartirá entre os equipos non profesionais de categorías estatais e clubs de categorías autonómicas que participan na Copa do Rey 27 millóns de euros.
Os equipos de Terceira División recibirán 35.000 euros en axuda á profesionalización e 1.900 para compensar os desprazamentos. Esta última cantidade veríase incrementada para aqueles equipos que disputen a Copa do Rei. Con todo, Arosa e Ribadumia, así como a maior parte de equipos do subgrupo sur do grupo galego da Terceira Divisón, a súa solicitude atópase en suspensión á espera de recibir toda a información necesaria para tramitar os pagos.