O CGTD acolle este domingo o campionato autonómico de marcha
Por Manu Otero
O Campionato de Galicia de Marcha en Pista celebrarase este domingo no Centro Galego de Tenificación Deportiva coa presenza dun centenar de marchadores. A proba comezará ás 9.45 horas, con acceso restrinxido ao público e unhas escrupulosas medidas de seguridade, e poderá seguirse a través da canle de Youtube da Federación Galega de Atletismo.
Esta edición contará a presenza destacada da internacional e campioa de España absoluta, Antía Chamosa, quen tomará parte na proba dos 5.000 metros. O seu obxectivo será o de sumar o seu sexto título autonómico da modalidade e empatar con Eva Iglesias, gañadora nos anos 2004, 2005,2010, 2011,2013 e 2015.
A encargada de disputarlle a hexemonía á pontevedresa será a sub 20 Iria Rivas, actual medalla de bronce no nacional de roteiro deste ano en Torrevieja
No cadro masculino, Daniel Chamosa parte tamén como favorito a sumar o seu quinto título autonómico e achegarse a só un trofeo dos seis que ostenta Jorge Ignacio Silva. Xunto ao marchador pontevedrés, parte tamén como un dos favoritos, o subcampión mundial e campión europeo máster Iván Morais, que xa gañou este campionato no 2018.
Ademais da categoría absoluta, disputaranse as medallas das categorías sub 12, sub 14, sub 16 e sub 18 tanto femininas como masculinas.
Antes do inicio do campionato, a organización gardará un minuto de silencio en memoria do primeiro medallista olímpico do atletismo español, Jordi Llopart; e do adestrador lucense Mariano Castiñeira.
Relacionadas:
-
Ouro para Antía e prata para Daniel Chamosa no Campionato Galego de Marcha en Pista
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Antía Chamosa, da Gimnástica, prata no Nacional Sub23 celebrado en Sevilla
Por Redacción |
-
Ouro para Antía Chamosa e prata para Jean Marie Otuku no Campionato de España de Atletismo
Por Almu Dapena |
-
Antía Chamosa, da Gimnástica, proclámase campioa da 31 edición do Campionato de Marcha en Ruta
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Dous neumotórax apartan ao marchador Daniel Chamosa da competición
Por Manu Otero |
-
Daniel Chamosa, dominador do Campionato Galego de Marcha
Por Redacción |