Nova derrota para un Cisne que chegou a ir por diante no marcador no duelo fronte o Benidorm (34-25)
Por Almu Dapena
O Dicsa Modular Cisne suma unha nova derrota esta tempada tras caer na cancha do Benidorm este sábado no encontro correspondente á xornada 14 de Liga Asobal. A pesar de que o cadro pontevedrés mostrou un bo nivel durante o inicio, os últimos compases do primeiro acto foron clave no devir do encontro.
Álvaro Preciado botouse ao equipo encima para poñer ao Cisne cun parcial de 0-2 nada máis comezar o partido e que lograron manter ata alcanzados os primeiros 10 minutos (3-5). Foi nese momento cando tres erros en ataque por parte dos pontevedreses traducíronse nun 3-0 co que o Benidorm púxose por diante por primeira vez no encontro (6-5).
Os brancos repoñíanse do ataque rival e volvían dar a volta ao marcador dun duelo que parecía non ter dominador, recuperando así a pequena vantaxe dos dous goles (7-9). Nese momento houbo un punto de inflexión. Os locais bloquearon ao seu rival en ataque e provocaron unha choiva de 7 goles ao seu favor deixando tocados aos de Jabato, que vían como a renda do Benidorm era de catro tantos cando se chegaba ao minuto 20 (14-10).
Non foi capaz o Cisne de recortar distancias antes de chegar ao intermedio senón que os alacantinos escapáronse en ata cinco tantos (18-13).
Despois do descanso os de Jabato saíron enchufados e recortaron distancias para poñerse a tan só tres goles do empate (min. 6, 21-18), pero a calidade defensiva do rival volveu relucir e en tan só dous minutos provocaron tres contragolpes que pillaron ao Cisne descolocado, anotando 4 goles que lles devolvía o control total do partido (min. 8, 25-18).
O técnico visitante pedía tempo morto para reordenar ao seus pero a desvantaxe seguiu crecendo ata chegar aos dez tantos cando se alcanzaba o ecuador da segunda metade (29-19).
A pesar de estar o partido perdido, o Cisne sacou garra para recortar distancias e maquillar o resultado, logrando unicamente poñerse a 8 tantos do rival a falta de 5 minutos para que soase a bucina (31-23). Finalmente caeron por 34-25.
Consulta as estatísticas do Benidorm-Dicsa Modular Cisne
Relacionadas:
-
O duelo de pechacancelas entre Cisne e Sinfín sáldase con empate (24-24)
Por Almu Dapena |
-
Duelo de pechacancelas en Cantabria entre Sinfín e Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne desaparece antes do descanso e encaixa unha nova derrota en Guadalaxara (37-20)
Por Manu Otero |
-
O Cisne debe superar a muralla de Guadalaxara para reencontrarse coa vitoria
Por Redacción |
-
O maratón de partidos do Cisne fai escala en Benidorm
Por Manu Otero |
-
Mal grolo para o Cisne na Rioxa (34-23)
Por Redacción |
-
As lesións castigan o Cisne nunha semana de maratón: tres partidos en oito días
Por Almu Dapena |
-
O Bidasoa esmaga a un Cisne impotente (21-31)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |