Rufo sacia a súa sede de gol confiado en que a partir de agora "cheguen máis seguidos"
Por Manu Otero
"Cando a pelota non quere entrar non sabes a rabia que dá". É a confesión de Rufo, o pichichi granate da pasada tempada, despois de conseguir saciar a súa sede de gol co segundo e definitivo tanto do triunfo do Pontevedra fronte ao Salamanca. Aliviado por perforar a rede por primeira vez esta tempada, o ariete recoñece que tiña "ganas" de marcar porque "esa sensación gústanos tela e botábase en falta un pouco".
Non só a nivel individual estaba ansioso Rufo por acabar con esta seca que durou catro xornadas, tamén no plano colectivo comezaba a estar un pouco preocupado. "Eu estaba contento porque o equipo está arriba, imos cumprindo obxectivos e sumando moitos puntos nestas primeiras jorandas. Pero en Zamora si me trastorna un pouco porque o equipo necesitaba un gol", recoñece o dianteiro madrileño que todavia pregúntase como puido anular o colexiado o tanto conseguido no Roteiro da Prata.
"Na xogada do penalti contra o Salamanca veume á cabeza o gol anulado contra o Zamora. Non sabía se o árbitro pitara ou non. Alí tamén esquivara ao porteiro, que me ía a facer penalti, e logo anúlano. O domingo xa non sabía se o pitaba ou non", confesa entre risas.
Máis preocupado acabou cando Barbero levoullo por diante na área da portería de Fondo Norte. "Aínda teño dor no corpo. Foi un golpetazo, pero estamos enteiros", agradece antes de lembrar a xogada. "Deume medo no momento que metín a punteira, porque el xa viña pasado de freada. Nos pés non me chegou a tocar, foi máis no corpo", relata o atacante aliviado, como o resto dos seus compañeiros e da afección, porque todo quedouse nun susto.
Parte do mérito de conseguir romper o cero a cero era xa de Rufo, pero a espinita polas oportunidades desperdiciadas seguía cravada no corazón do nove. Por iso cando Charles conduciu o contragolpe e entregoulle envolvido en papel de agasallo o balón para facer o segundo, Rufo celebrouno con rabia. "As ocasións chegaban e non quería entrar. Os dianteiros necesitamos ese momento, que entre para romper o maleficio. Agora que veñan máis seguidas", confía o killer.
Por fortuna, o equipo conseguido vitorias sen botar en falta os seus goles e Rufo está convencido de que o teito deste plantel está aínda moi lonxe. "Non penso se o equipo foi mellor ou peor a outros partidos", declara en referencia ao último partido. "É verdade que imos mellorando, pero temos moita marxe de mellora e o equipo irá crecendo moito", asegura alegando que "somos un plantel novo cunha pretemporada un pouco atípica na que non puidemos adestrar nin xogar moitos partidos xuntos para atopar e corrixir eses defectos".
"Cada día somos un pouco mellores e véselle ao equipo máis solto en casa e dándolle máis ritmo á pelota. Moitos equipos van vir a encerrarse e temos que ter máis ritmo", sinala o dianteiro una das necesidades que presenta aínda o cadro granate.
Manter o nivel competitivo e seguir acumulando vitorias é clave para conseguir o obxectivo de estar o curso que vén, polo menos, na Primeira RFEF. O rumbo é o correcto pero no vestiario de Pasarón non queren oir falar aínda de ascenso. "A cousa está apertada e con moitos equipos xuntos. Empezamos moi ben que era o soñado, pero non te podes relaxar. Isto tennos que axudar para traballar con máis tranquilidade", sinala Rufo que non dubida ao recoñecer que "o obxectivo é o playoff".
Para conseguilo é importante conseguir máis puntos que os rivais do outro subgrupo. "Mírase moito ao cuarto do noso subgrupo pero eu tamén miro ao outro grupo porque na segunda rolda van ser moi importante os puntos", puntualiza o ariete ao mesmo tempo que pide tranquilidade porque "levamos só 5 xornadas e queda moito por pelexar".
Un factor diferencial nesta carreira pola fase de ascenso será o alento dos afeccionados. "Sendo só 150 ou 300, cando a xente se une e canta nótase algo diferente. Dáche un plus. E nótase unha chea porque xa estamos afeitos xogar a porta pechada. Oxalá que haxa cinco ou seis mil persoas e oxalá que sexa pronto e podamos gozar todos xuntos", remata o ídolo da afección granate encantado de compartir este ano protagonismo co seu socio na dianteira, Charles.
Relacionadas:
-
Os dous próximos partidos do Pontevedra, contra Compostela e Dépor, xogaranse en sábado
Por Manu Otero |
-
Pontevedra e Racing de Ferrol son os máximos artilleiros do grupo I de Segunda B
Por Manu Otero |
-
Épico monólogo do Pontevedra, que volve ser líder (2-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Jesús Ramos: "Nunca dixen que o 4-4-2 fose ser sempre, sempre, sempre"
Por Manu Otero |
-
Dous goles anulados evitan o triunfo en Zamora dun Pontevedra que xogou unha hora en superioridade (0-0)
Por Diego Espiño |
-
Moito máis que goles: os intanxibles de contar con Charles e Rufo
Por Diego Espiño |