Os deportistas pontevedreses lanzan unha mensaxe contra a violencia machista
Por Manu Otero
É 25 de novembro, unha xornada dedicada á loita contra a violencuia machista. Toda a sociedade do país expresa hoxe a súa repulsa contra unha secuela que padecen miles de mulleres en España e todo o mundo. E o ámbito do deporte, cos valores da igualdade, superación, respecto e deportividade como bandeira; fai o propio. Os perfís de clubs e deportistas pontevedreses asolagan este mércores as redes sociais cunha clara mensaxe: "non á violencia machista".
25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Porque fronta á violencia de xénero só cabe unha resposta, sen ningún xénero de dúbida, NON @deporte @fdeportegal @igualdadenarede pic.twitter.com/ZWsfQ4yyGf
— Sociedad Gimnástica (@SGimnastica) November 25, 2020
A piragüista Teresa Portela, unha abanderada da loita pola igualdade entre mulleres e homes no deporte, con cinco Xogos Olímpicos ás súas costas, colgou unha foto nas súas redes sociais acompañada do seguinte texto: "Para terminar coa violencia, a educación social pode ser a clave para previla". Tamén a nadadora olímpica Bea Gómez expresouse cunha fotografía súa na piscina coa man estendida para dicir basta.
— Bea Gómez Cortés (@beagomezcortes) November 25, 2020
Clubs como o Arxil, o Pontevedra Rugby Club, a Sociedad Gimnástica, a Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra ou o Pontevedra CF, cunha imaxe dos seus principais xogadores repartidos no terreo de xogo de Pasarón facendo o mesmo xesto que a nadadora Bea Gómez; tamén contribuíron a visibilizar o compromiso de toda a sociedade contra o machismo.
Porque entre todxs podremos parar a esta lacra
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) November 25, 2020
⠀
Nosotrxs decimos “no” a la violencia de género, ¿y tú?
⠀#StopViolenciaDeGénero #DíaContraLaViolenciaDeGénero pic.twitter.com/x5PEUWWIQc
Relacionadas:
-
"O que nos debería preocupar moito como sociedade é como se relaciona a xente nova hoxe, como entenden a parella"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os deportistas galegos unen as súas voces para gritar "NON" á violencia machista
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Pontevedra reivindica que "non hai oco para os maltratadores nin para os seus cómplices" na cidade
Por Alejandro Espiño |