O Peixe Galego organiza xornadas de captación para os seus equipos de base
Por Redacción
O equipo marinense de baloncesto Peixe Galego celebra estes días unhas xornadas de captación de novos talentos para os equipos das súas categorías inferiores. Entre o martes e o mércores, todos aqueles mozos interesados polo baloncesto poden probar este deporte e anotarse ás filas do Peixe.
Estas probas, que teñen unha duración dunha hora, están pensadas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos.
Para garantir a seguridade de todos os participantes, o uso da máscara é obrigatorio e tamén dispoñer dunhas zapatillas limpas para usar soamente na pista. O club comprométese ademais a cumprir con todas as medidas sanitarias marcadas polo protocolo de Sanidade e a Secretaría Xeral para ou Deporte.
✅
Relacionadas:
-
Javi Llorente asume a dirección técnica do Peixe Galego
Por Redacción |
-
O equipo feminino do Peixe Galego inscríbese en Primeira Nacional tras quedar sen praza en LF2
Por Redacción |
-
Oficial: A Federación deixa o Peixe Galego sen praza en LEB Ouro e o resto de categorías nacionais
Por Diego Espiño |