O Arxil tropeza co Azkoitia Azpeitia e suma unha nova derrota (75-61)
Por Redacción
Novo tropezo do Club Baloncesto Arxil no seu desprazamento a Guipuzkoa. As verdes tiñan dobre reto esta fin de semana: gañar nunha cancha onde nunca viron a vitoria e, con iso, acabar coa súa serie de partidos perdidos en liga. Aínda que pelexaron por logralo, a súa ineficacia fronte ao aro foi clave para que o Azkoitia Azpeitia levase os dous puntos (75-61).
Foron de menos a máis as de Pontevedra no encontro do domingo, sendo incapaces de manter o ritmo anotador do seu rival que se logrou irse en 11 puntos cando se chegou ao final do primeiro cuarto (23-12).
No segundo período as de Mayte Méndez saíron a por todas e foron mellores que o Azkoitia. Con todo, a garra arxilista non foi suficiente para igualar a contenda e, aínda que foron capaces de reducir a diferenza no marcador, o dano feito ao comezo do encontro fora demasiado grande e custaría remontar (43-34).
Tras o paso polo vestiario, un novo apagamento nas filas das verdes deixou claro quen se faría coa vitoria. Fallaban diante do aro mentres as locais seguían golpeando para facer efecto nun Arxil ao que se lle poñía costa arriba o partido. O cronómetro seguiu correndo e non quedaban forzas para remontar un encontro que se complicou desde o bocinazo inicial. complicou desde o minuto uno.
Relacionadas:
-
Inxusta derrota do Arxil que ofreceu a súa mellor imaxe ata o momento ante o Ardoi de Navarra (75-72)
Por Almu Dapena |
-
A visita do Avilés, partido clave do Arxil para abandonar os postos de descenso
Por Redacción |
-
Aprazada a viaxe a Canarias do Arxil por un positivo no seu rival, o Magec Tías
Por Redacción |
-
O Arxil encaixa a súa cuarta derrota consecutiva ao caer fronte ao Barakaldo (55-74)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil buscará romper a serie de derrotas na cancha do Azkoitia Azpeitia ISB
Por Redacción |
-
Derrota do Arxil ante o recentemente ascendido Tenerife tras un desastroso terceiro cuarto (57-67)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil sorteará entre os seus socios os 30 asentos permitidos para ver ás verdes no CGTD
Por Redacción |
-
O Arxil sucumbe en Estremadura á intensidade defensiva do Miralvalle (71-53)
Por Redacción |