Ramos convoca a todo o plantel a excepción do lesionado Romay para a visita do Deportivo
Por Diego Espiño
É o partido que todos esperaban e desexaban ver esta campaña, e máis ocupando actualmente a segunda e primeira posición da táboa. O Estadio Municipal de Pasarón será escenario este sábado (17.00 horas, TVG2) do primeiro derbi en liga entre Pontevedra Club de Fútbol e Real Club Deportivo en 40 anos.
Os granates queren asaltar o liderado ante o gran favorito, e farano ademais co empuxe de 500 dos seus afeccionados nas bancadas tras a ampliación de aforo autorizada pola Xunta de Galicia.
"A todo o mundo gústalle xogar contra o Deportivo. É un partido importante, pero non definitivo", recoñece o adestrador do Pontevedra, Jesús Ramos.
O técnico é consciente de que se van a enfrontar a "un equipo moi sólido, sobre todo a nivel defensivo", non en balde só encaixaron un tanto no que vai de liga. Claro que os de Pasarón son o conxunto máis goleador, e a iso agárrase o seu técnico, porque "temos xogadores de talento e de renome que lle poden facer gol a calquera".
A ausencia de Romay por lesión, á espera de que durante a fin de semana póidase coñecer o alcance exacto da mesma, será a única baixa nos granates, mentres que o Deportivo desprazarase á cidade do Lérez sen Keko, Derik e Miku, ao non haberser recuperado a tempo, pero si co dianteiro Diego Rolán a pesar de estar entre algodóns.
En canto ao duelo, Ramos espera un choque parecido ao que lles enfrontou en pretempada, no que "calquera erro puntual, individual ou colectivo, pode inclinar a balanza".
O colexiado do encontro será o canario Raúl Martín González Francés.
Relacionadas:
-
O Dépor quere dar "un pequeno golpe encima da mesa" gañando en Pasarón
Por Manu Otero |
-
Preocupante lesión de xeonllo de Romay no adestramento do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Deportivo prepara a súa visita a Pasarón con tres futbolistas á marxe do grupo
Por Redacción |
-
Churre avisa ao Deportivo: "Imos competir con eles ata o final de tempada"
Por Diego Espiño |
-
Un partido de liga entre Pontevedra e Deportivo en Pasarón case 40 anos despois
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra de dúas caras salva un punto en San Lázaro (2-2)
Por Manu Otero |