Álex Chan pasa a última criba e xogará o Mundial de balonmán con EEUU: "Para mí es un orgullo"
Por Diego Espiño
A alegría coa que, seguro, Álex Chan foi durmir este sábado tras a apoteósica vitoria do Cisne fronte ao Villa de Aranda no último segundo de encontro, tivo continuación este domingo con outra boísima nova para o xogador pontevedrés.
O centro do Cisne pasou o último corte e foi incluído na convocatoria definitiva de Estados Unidos para o próximo Mundial de balonmán, que se disputará en xaneiro en Exipto.
"Estoy muy contento. Me enteré esta mañana cuándo me mandó un mensaje el presidente, el hijo del presidente, el hermano del presidente... y todo el mundo empezó ya a bombardearme el teléfono", explicou a PontevedraViva Chan tras espertarse coa confirmación de que é un dos 20 elixidos polo seleccionador estadounidense, o sueco Robert Hedin, para a cita mundialista.
Previamente o pontevedrés entrara na preselección de 35 xogadores aínda que "era optimista para la convocatoria final, había hablado con el seleccionador y me transmitió que contaba conmigo desde el principio", explica.
Agora toda a súa familia, empezando pola súa nai da que lle vén o pasaporte norteamericano, o seu pai e "toda la familia que tengo en Estados Unidos están todos eufóricos", revela, aínda que desde a cautela de non contar aínda na súa poder co pasaporte, en trámite de renovación.
"Para mí es un orgullo", explica aínda sen crerse a noticia Chan, que se medirá en Exipto a tres selecciones que se atopan entre as potencias internacionais, como son Francia, Noruega e Austria, coas que compartirá grupo na primeira fase.
Todo un premio para un xogador que leva media vida ligado ao Cisne e que está a gozar este ano do seu debut na Liga Asobal, unha tempada redonda na que "quizás la única pega es que no pueda estar el pabellón lleno de gente como nos gustaría a nosotros, porque está siendo un año increíble", sinala.
Será a súa primeira cita internacional, pero pode que non a última, e é que a súa intención a partir de agora é seguir colaborando co crecemento do balonmán en Estados Unidos, un país que está a apostar por crecer deportivamente cos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 2028 no horizonte. "A mí me encantaría", declara confirmando que polo menos do seu parte "voy a trabajar para que así sea".