Dobre representación do Tenis de Mesa Monte Porreiro no Top 8 Estatal
Por Redacción
O pavillón Jorge Garbajosa de Torrejón de Ardoz acolleu o Top 8 Estatal para Xóvenes de Tenis Mesa, que reúne cada ano aos mellores deportistas das categorías inferiores.
Ata alí desprazáronse dous deportistas do Tenis de Mesa Monte Porreiro, Noa Bernárdez e Mariña García.
A primeira delas, Noa, participou na categoría xuvenil conseguindo un meritorio quinto posto. A pontevedresa sumou tres vitorias e catro derrotas ante as mellores xogadoras do país, entre elas a do partido que lle enfrontou á vencedora final, a balear Ainhoa Cristóbal, sendo a única que conseguiu superala.
Pola súa banda Mariña, que se clasificou na categoría alevín o pasado curso aínda que agora xa é infantil, venceu dous dos seus encontros e perdeu outros cinco, o que a deixou na sétima posición empatada coa quinta e a sexta.
Unha valiosa experiencia para as xogadoras do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que volven gozar da competición despois de tantos meses sen poder facelo por culpa da larte sanitaria.
Relacionadas:
-
A permanencia na Superdivisión é unha meta "más que suficiente" para o TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
Dobrete para o Tenis de Mesa Monte Porreiro no Campionato Galego Absoluto por Equipos
Por Redacción |
-
O Tenis Mesa Monte Porreiro presume do seu primeiro título de campión galego absoluto masculino por equipos
Por Redacción |
-
A infantil Mariña García, TM Monte Porreiro, recibe a chamada da selección
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro celebra a súa volta á actividade cunha dobre xornada das ligas galegas
Por Redacción |
-
Atrasado ata xaneiro o inicio das ligas nacionais de tenis de mesa
Por Diego Espiño |