As axudas da RFEF ao Pontevedra CF superarán os 138.000 euros
Por Redacción
Ata 138.200 euros. É o diñeiro que recibirá o Pontevedra Club de Fútbol da Federación Española de Fútbol, dentro das axudas aprobadas para os equipos de Segunda B e Terceira.
En concreto, serán 74.570 euros os que ingresará o Pontevedra por tres das liñas de axudas: a súa participación na Copa do Rei, o fomento da base e os desprazamentos.
A RFEF, segundo consta na resolución, detalla que concederá 29.750 euros por disputar en casa o partido da primeira rolda da Copa do Rei, que o enfrontará ao Cartaxena.
Esta asignación incrementarase no caso de que elimine ao club murciano e avance na súa participación no torneo do KO. Serán outros 29.750 euros por cada eliminatoria superada.
Outros 40.000 euros chegarán ás arcas do club pontevedrés, o máximo previsto nesta liña de axudas, polo fomento do deporte basee.
Con respecto á subvención para sufragar gastos de desprazamento, a Federación consigna outros 5.000 euros para o Pontevedra.
Ademais, dentro do Plan Impulso 23, creado para avanzar na profesionalización dos equipos de Segunda B e Terceira, o Pontevedra recibirá outros 63.450 euros.
AXUDAS A CLUBS DE TERCEIRA
Entre os equipos de Terceira División que tamén serán apoiados pola RFEF atópase o Ribadumia, que en total cobrará 57.750 euros -pendente tamén da Copa do Rei-; e o Arosa, que recibirá 36.900 euros.