Dobrete para o Tenis de Mesa Monte Porreiro no Campionato Galego Absoluto por Equipos
Por Redacción
A pesar de todos os desgustos debido á pandemia e a falta de competición, o 2020 terminará sendo un ano especial para o Tenis de Mesa Monte Porreiro. Por primeira vez na súa historia o club pontevedrés gañou cos seus dous conxuntos absolutos, masculino e feminino, o Campionato Galego por Equipos.
Os mozos foron os primeiros en conseguilo, algo que non fixeran nunca, e agora as súas compañeiras fixeron o propio na categoría feminina.
O Tenis de Mesa Monte Porreiro completou o seu particular dobrete na fase final feminina celebrada durante a fin de semana en Narón, onde se plantou con dous equipo para facer fronte á escuadra local.
En primeiro lugar as promesas do Monte Porreiro (Confeitería Capri), o seu equipo máis novo, viuse superado por un 3-0 enganoso, segundo o club, polo bo nivel ofrecido.
O desquite cobraríalla despois o Visit Pontevedra que milita na División de Honra, gañando as pontevedresas por 3-1 despois duns encontros de gran igualdade.
Defenderon ao Monte Porreiro: Noa Bernárdez, Mar Rivas, Noelia Santiago e Judith Cobas no seu primeiro equipo e Laura Forte, Mariña García e Emma Álvarez no segundo.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, listo para afrontar a liga de Superdivisión "más fuerte de los últimos años"
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro comezará a tempada o 6 de marzo co equipo de Superdivisión
Por Almu Dapena |
-
A permanencia na Superdivisión é unha meta "más que suficiente" para o TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
O Tenis Mesa Monte Porreiro presume do seu primeiro título de campión galego absoluto masculino por equipos
Por Redacción |
-
Dobre representación do Tenis de Mesa Monte Porreiro no Top 8 Estatal
Por Redacción |
-
A infantil Mariña García, TM Monte Porreiro, recibe a chamada da selección
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro celebra a súa volta á actividade cunha dobre xornada das ligas galegas
Por Redacción |