O Team Thunder despide o ano presumindo de títulos e canteira
Por Redacción
O Team Thunder, club marinense de boxeo, despide o ano 2020 coa recepción no seu centro de operacións da Cañota de todos os trofeos colleitados ao longo dun ano marcado pola pandemia e as restricións á hora de adestrar e competir.
Nunha peculiar cerimonia de entrega de premios, os púxiles de todas as categorías da escuadra morracense recibiron os seus galardóns polos logros cultivados ao longo dunha tempada na que o Team Thunder proclamouse campión de liga en categoría masculina e feminina.
A lista de triunfadores é infinita. Martín Grandio, é campión de Liga en prebenjamín; Sara Barreiro, subcampioa de Liga en prebenjamín; Yohana Jiménez, subcampioa de Liga en cadete; Laura Santiago, campioa de Liga en cadete; David González, subcampión de Liga en cadete; e Eloy Barcia, campión de Liga cadete.
Tamén houbo numerosos éxitos nos campionatos galegos nos que o equipo marinense logrou dous ouros (Martín Grandio e Eloy Barcia), dúas pratas (Yohana Jiménez e Pablo Lubian) e dous bronces (Sara Barreiro e Hannes Bartölke).
Coa vista posta no 2021, todas as categorías do club seguen adestrando aplicando todas as medidas anticovid que esixe a normativa sanitaria. A próxima cita que planea a directiva do club, que preside Aarón González, é un pase de graos.
Relacionadas:
-
Yohana Jiménez, campioa de España júnior de boxeo
Por Redacción |
-
Aarón González, clasificado para o Campionato de España Absoluto de boxeo
Por Redacción |
-
O Campionato de España de Boxeo de Clubs, un reto para Aarón González
Por Redacción |
-
Regreso ao ring con vitoria para o marinense Aarón González
Por Redacción |
-
Aarón González deixa atrás o parón pola pandemia e volve subirse ao ring
Por Redacción |
-
O boxeador do Mat' s de Marín, Martín García, faise co título autonómico en categoría neopro
Por Redacción |
-
O documental sobre a vida do boxeador marinense Aarón González busca mecenas
Por Redacción |
-
O Team Thunder enfúndase as luvas de novo
Por Redacción |