O prometedor atleta David Vicente debutará co Playas de Castellón no torneo de Reis de Pontevedra
Por Redacción
O atleta pontevedrés de categoría xuvenil, David Vicente, debutará no clásico torneo de Reis que se celebra na cidade do Lérez cada ano co seu novo club, o Playas de Castellón.
O prometedor deportista de só 16 anos, que continúa a súa formación na disciplina do Club Altetismo Rías Baixas baixo a dirección técnica de Gonzalo Méndez, participará na modalidade de 60 metros valas co obxectivo de relacionarse cos mellores especialistas de España desta proba para conseguir o seu billete ao campenato de Europa xuvenil ao aire libre.
No tradicional torneo de Reis enfundarase por primeira vez o seu novo equipamento, a do mellor equipo de atletismo de Europa, o Playas de Castellón, que puxo os seus ollos nunha das perlas do atletismo galego. Vicente ten a posibilidade de desprazarse á Comunidade Valenciana para mergullarse no sistema de traballo dun club que lle ofrece tamén a posibilidade de compaxinar a súa formación deportiva e universitaria.
"Unha oferta irrechazable", aseguran desde o Atletismo Rías Baixas.
Relacionadas:
-
O Club Atletismo Rías Baixas, un trampolín para os seus atletas
Por Redacción |
-
Celebrando Reis cunha festa sobre o tartán do CGTD
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra será o venres a capital do atletismo galego con máscara
Por Manu Otero |
-
Atletismo de nivel internacional para celebrar as festas da Peregrina
Por Redacción |
-
O Atletismo Rías Baixas abre o seu campus de verán
Por Redacción |