Manu Cossío espera un partido "muy igualado" nos oitavos de Copa da Raíña ante o Ourense Envialia
Por Almu Dapena
Despois do parón polas merecidas vacacións de Nadal, o Poio Pescamar volve este luns ao rodo para disputar os oitavos de final da Copa da Raíña no Pavillón da Seca a partir das 20:00 horas.
Será un duelo de titáns a partido único no que se enfrontarán ao Ourense Envialia, "rival difícil" en palabras do técnico vermello, Manu Cossío. "Empezaron titubeantes, se nota la baja de Sara Moreno pero supieron reconducir la situación y están logrando buenos resultados tanto en Copa como en Liga", explica.
"Se espera un partido muy igualado", recoñece Cossío, que poderá contar con todo o seu plantel para disputalo. Aínda que as malas conexións de transportes impediron a Miriam estar nos adestramentos do sábado e do domingo pola mañá, a xogadora murciana chega para a última concentración antes da cita, este domingo pola tarde.
O encontro poderá verse a través da canle de Youtube do Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Adeus á Copa para o Poio Pescamar ao caer en penaltis fronte ao Ourense Envialia (3-3)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Poio Pescamar recibirá ao Ourense Envialia nos oitavos de final da Copa da Raíña e o Marín Futsal, ao Burela
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O Poio Pescamar supera con esforzo a primeira rolda de Copa ao vencer o Valdetires (1-2)
Por Diego Espiño |
-
Disputar a Supercopa de España, un premio ao Poio Pescamar como subcampión da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
Un valente Poio Pescamar queda sen premio na final de Copa caendo pola mínima contra o Burela (1-0)
Por Diego Espiño |