A Gimnástica alerta dun erro de impresión na súa lotería do Neno
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de atletismo comunicou unha incidencia que afecta as súas participacións de lotería de Reis, o popular Sorteo do Neno que se celebra cada 6 de xaneiro.
O club pontevedrés, que como moitas entidades elabora participacións como método para recadar fondos, sinalou que "debido a un erro de imprenta, a participación de lotería que contén o número 91679 é errónea".
En concreto cambian de orde dúas dos díxitos, xa que o número correcto é o 91769. Nesa mesma papeleta, o número 37974 é totalmente válido.
"Lamentamos as molestias e pedimos desculpas polo erro", sinala a Gimnástica, que se presta a resolver calquera dúbida xurdida por esta cuestión no mail do club: info@sgpontevedra.com.
Relacionadas:
-
Prata e bronce para os equipos da Gimnástica no campionato galego de probas combinadas
Por Redacción |
-
Gimnástica e Pinarium, protagonistas no Campionato Galego de Atletismo Sub-10-12-14
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica incorpora oito atletas para manterse un ano máis en División de Honra
Por Redacción | Creada e actualizada