O Pontevedra, sen complexos ante a visita do Cádiz na Copa do Rei
Por Diego Espiño
O ano 2021 estréase cun partido de 'Primeira' para o Pontevedra Club de Fútbol, que este xoves 7 de xaneiro (19.00 horas, DAZN) recibe o Cádiz na segunda rolda da Copa do Rei.
Os granates chegan á cita sen complexos, tras superar o Cartagena na primeira eliminatoria, e soñando con "ser capaces de hacerlo bien y pasar" porque "podríamos tener el premio gordo", recoñece o adestrador Jesús Ramos sobre a posibilidade de enfrontarse na seguinte rolda, en caso de avanzar, a Real Madrid ou Barcelona.
"Es una competición que para nosotros es bonita para jugar", sinala Ramos, sen querer mirar polo momento cara ao importante encontro de liga o domingo fronte ao Guijuelo. "Tampoco es que llevemos una cantidad de partidos enormes, aunque jueves y domingo a la hora de recuperar si que nos puede costar un poco".
O adestrador marinense espera ver "dos modelos de juego muy parecidos" sobre o céspede de Pasarón, ao ser o Cádiz "equipo que no arriesga mucho con pelota, que le gusta replegar y salir al contragolpe", analiza.
A principal incógnita no Pontevedra pasa polo centro do campo, coas baixas por lesión de Romay e Adrián Cruz na medular á que se suma a do futbolista que deu positivo por Covid e que tampouco estará na convocatoria.
Tamén compareceu na previa ao duelo o preparador cadista, Álvaro Cervera, afirmando sobre os granates que son "un buen equipo que tiene jugadores reconocidos que conocemos de otras temporadas en otros equipos. Tienen un gran campo y nos van a dar guerra".
Cervera avanza cambios no seu once, tras o partido de liga xogado o luns en Mestalla. "Haremos algunos cambios, tanto por el partido del Valencia como por el que viene", pero "vamos a por la eliminatoria. Somos unos profesionales y el Cádiz siempre sale a ganar", asegura.
O encontro poderá contar con 500 espectadores nas bancadas de Pasarón, o máximo permitido no actual nivel de restricións no que se atopa a cidade.