Gonzalo Carró, a mellor 'fichaxe' invernal para o Cisne: "El médico me ha dicho que estaba mejor de lo que esperaba"
Por Diego Espiño
O ano 2021 non podía comezar de mellor maneira para Gonzalo Carró. O pivote do Dicsa Modular Cisne, fichado no verán coa intención de ofrecer a súa experiencia no debut do equipo na Liga Asobal, recibiu a alta médica máis de 4 meses despois da súa operación.
Carró caeu lesionado no seu ombreiro esquerdo durante a pretempada, sendo intervido cirurxicamente a finais de agosto dunha rotura parcial no labrum do seu ombreiro esquerdo, unha doenza que contaba cun tempo estimado de recuperación de 5 meses.
Ese período acurtouse lixeiramente xa que "el médico me dijo que me veía estupendamente y me daba el alta", sinala o xogador cisneísta sobre a súa última revisión, do pasado 28 de decembro.
"Las últimas semanas de diciembre me empecé a meter un poco más con el equipo a hacer los entrenamientos completos, pero ahora ya vida normal y a ver qué tal", explica. Ao seu favor xoga o parón na máxima categoría nacional pola disputa do Mundial de seleccións, ofrecéndolle unhas semanas para ir collendo o ritmo e retomando sensacións.
"Me estoy encontrando muy cómodo, sin ningún tipo de miedo que creo que es importante y sobre todo con ganas", recoñece o pivote, que espera gozar dos seus primeiros minutos de xogo no Memorial Luaces do próximo venres 15, cita amigable que enfrontará ao Cisne co Atlético Novás e que "me va a venir bien para coger ritmo".
Gonzalo eloxia o traballo levado a cabo polos seus compañeiros estes meses, a pesar das pedras no camiño. "Se han dejado todo. Eso nos ha ayudado a seguir muy vivos para intentar salvarnos esa segunda vuelta", sinala.
Desde o club pontevedrés esperan que a volta do internacional arxentino, unido á chegada de Oleksander Nekrushet, ofreza unha maior solidez defensiva e consistencia ao equipo. Máis centímetros sobre todo no centro do 6-0 "aunque Conde, Miguel e Iván lo han hecho muy bien", encomia Carró, disposto a "intentar aportar, tanto en ataque como defensa, donde el equipo me necesite".
A mellor noticia para un Club Cisne que con todo segue buscando pechar unha incorporación máis para incrementar no posible as súas posibilidades de permanencia na Liga Asobal.
Relacionadas:
-
A inactividade pasa factura ao Cisne en Cuenca no regreso da Liga Asobal (36-25)
Por Diego Espiño |
-
Mes e medio despois, o Cisne volve a escena con enerxías renovadas
Por Manu Otero |
-
O Cisne confirma a fichaxe de Ángel Iglesias tras desvincularse do Teucro
Por Redacción |
-
O Cisne suspende o Memorial Luaces que lle ía a enfrontar ao Atlético Novás
Por Redacción |
-
O Cisne vende cara a súa derrota fronte ao Ademar no seu último partido do ano (25-29)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne non poderá contar coa súa nova fichaxe, Oleksander Nekrushet, ata a segunda volta
Por Manu Otero |
-
Gonzalo Carró, intervido da súa lesión no ombreiro: "Ha ido todo perfecto"
Por Diego Espiño |