Álex López asegura que para o Racing de Ferrol é "estimulante" tentar reverter a súa situación visitando Pasarón
Por Diego Espiño
Un derbi entre Pontevedra Club de Fútbol e Racing de Ferrol nunca deixa indiferente a ninguén, e xa se é nunha liga tan curta e igualada como a actual "casi todos los partidos se toman como finales", recoñece o racinguista Álex López.
O futbolista ferrolán compareceu este mércores en rolda de prensa valorando o duelo que enfrontará ao seu equipo co Pontevedra o vindeiro domingo 17 (17.00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón.
"Nos conocemos todos. Sabíamos que el Pontevedra se reforzó muy bien, tiene el objetivo claro de estar entre los tres primeros, firmó gente con experiencia de superiores categorías y hasta ahora están haciendo una buena temporada", analiza o centrocampista.
Ambos os dous equipos chegarán á cita fóra dos tres primeiros postos, aínda que o Pontevedra cun partido menos que o levaría á segunda praza no caso de gañar. Por iso, pelexando polo mesmo obxectivo, non poden permitirse que se lles escape un rival directo así que para Racing "tiene que ser un reto" darlle a volta á tortilla "y creo que ir a jugar a Pasarón es el partido idóneo para ello", afirma López.
Con 12 puntos polos 13 dos granates, para os ferroláns "sumar de tres en tres es lo único que queda", recoñece o ex do Celta de Vigo, aínda que para iso "nos toca un partido contra un rival muy complicado, pero considero que tiene que ser estimulante poder revertir la situación enfrentándote a uno de los grandes favoritos y ganarles en su casa".
Álex López tamén valorou a ausencia no derbi de Charles, ao que "conozco muy bien, coincidimos en Vigo" sendo "un jugador muy importante para ellos pero nosotros no tenemos que mirar a eso, tenemos muchas cosas más en las que preocuparnos que en mirar a las bajas del rival", resolveu o centrocampista.
Relacionadas:
-
Desastroso partido dun Pontevedra que perde fronte ao Racing de Ferrol en inferioridade e entra en crise (0-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra-Racing de Ferrol, un partido marcado en vermello no calendario
Por Diego Espiño |
-
Gañar o Racing de Ferrol, máis que 3 puntos para Jesús Ramos: "Sería un rival menos con el que pelear por lo mismo"
Por Diego Espiño |
-
Charles e a súa sanción interminable
Por Diego Espiño |
-
Malestar no Pontevedra ante o silencio da RFEF, mentres o Guijuelo propón o mércores 20 para xogar en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O temporal de neve obriga a suspender o partido entre o Pontevedra e o Guijuelo
Por Almu Dapena |