Aprazado a estrea do documental 'Pontevedra gaña con elas'
Por Redacción
A concellería de Deportes e a Deputación de Pontevedra comunicaron o aprazamento da estrea do documental 'Pontevedra gaña con elas', previsto inicialmente para este venres 15 de xaneiro no Teatro Principal.
A pesar de cumprir coas medidas e protocolos de seguridade establecidos, tómase esta decisión coa intención de atrasar o evento "a unha data na que as condicións sanitarias fágano máis aconsellable", sinalan desde o goberno local ante o incremento dos contaxios de Covid nas últimas xornadas.
'Pontevedra gaña con elas' é un traballo audiovisual que recolle, en algo máis de media hora, os testemuños de varias deportistas da cidade e a súa loita por destacar e obter recoñecemento ao seu traballo. Entre elas atópanse Ana Penas, Teresa Portela, Bea Gómez, Lydia Pérez, Chus Sanguos, Silvia Aguete, Paula Carballido, Águeda Cons, Nieves Gamallo, Mayte Méndez e Charo Castro.
Trátase dun documental producido por Miguel Riaño, guionizado pola xornalista Silvia Vieito e editado polo realizador Fernando Portela.