O Club Ciclista Farto ficha á biscaíña Enara López
Por Redacción
O Club Ciclista Farto fixo oficial esta fin de semana a fichaxe da biscaíña de Enara López coa vista posta na que esperan que sexa unha gran tempada a nivel deportivo.
A ciclista de 23 anos convértese no novo reforzo do equipo pontevedrés, que este ano competirá na categoría UCI Continental Europea.
Enara, que hai pouco días foi atropelada mentres adestraba preto da súa casa en Burgos, ten unha vértebra fracturada e fortes golpes. Con todo, o club afirma que "o seu estado non é grave e as lesións son perfectamente recuperables".
A biscaíña afronta esta nova tempada "con moita ilusión pola confianza que depositou en min o Farto- BTC e como me acolleu o seu grupo humano. Síntome moi identificada coa filosofía do equipo e o ambiente coas compañeiras é xenial", explica.
Así mesmo, a ciclista afirma que os seus obxectivos principais para esta tempada é a Volta a Burgos e a Copa de España, esta última coa intención de revalidar o título pero esta vez en categoría elite.
Por último, Brais Dacal, mánager do equipo, afirmou que a fichaxe supón "unha ilusión enorme. É gañadora, nova e ten moita calidade, polo que será unha das referentes do equipo. Desde o minuto uno axustouse ben ao grupo e o seu traballo este inverno está a ser impecable. Agora toca axudala a recuperarse ao 100% e que volve ao seu mellor nivel"
Relacionadas:
-
Agnieta Francke, última fichaxe do Farto-BTC, que pecha unha equipa versátil de 14 corredoras
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
As lesións de Enara López, fichaxe do Farto, tras sufrir un atropelo son máis graves do esperado
Por Redacción |
-
O Team Farto vístese de Galicia para a súa estrea como equipo profesional UCI Continental Feminino
Por Redacción |
-
O Team Farto perfila o equipo para o seu primeiro ano no pelotón profesional
Por Redacción |
-
A Selección Galega de ciclocrós cólgase dez medallas no Campionato de España de Torrelavega
Por Redacción |
-
O Froiz, dominador do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Melissa Maia, do Farto, fai dobrete ao proclamarse campioa nacional portuguesa en estrada e BTT
Por Redacción |