Terceira derrota consecutiva para o Ribadumia, que caeu a domicilio ante un superior Choco (3-1)
Por Redacción
O Ribadumia visitou este domingo ao Choco co obxectivo de reencontrarse coa vitoria tralas derrotas fronte Arenteiro e Ourense CF na Senra, que o situaron en sétima posición con 15 puntos. Aínda que empezaron adiantándose os aurinegros, os locais deron a volta ao marcador para finalmente levar a vitoria cun gol de Guille no tempo de desconto.
Os de Luís Carro golpearon primeiro. O Choco era dono do esférico e estaba a atacar en campo rival. A defensa rexeitou o balón ata o cadro central, onde se atopaba Monchito que iniciou o contragolpe. Nunha carreira rápida plantouse diante de Cortegoso para gañar o man a man e enviar o balón á rede no minuto 35. Puido Charles facer o segundo para o Ribadumia antes de chegar ao descanso pero o seu tiro salvouno o porteiro local (minuto 43).
Reaccionou nada máis iniciarse a segunda metade o Choco para igualar o duelo. Óscar Comis, aos tres minutos de volver dos vestiarios, rematou con contundecia e bateu por baixo a Roberto Pazos.
Aínda que o 1-1 era o resultado no marcador, o gol afectou positivamente os locais, que comezaron a ser superiores en canto a xogo para poñer en apertos ao Ribadumia e facer a remontada. No minuto 57, Samu cabeceou á rede e puxo aos seus por diante por primeira vez no encontro.
Chegaban os cambios para ambos os conxuntos e seguían sucedéndose as ocasións no terreo de xogo. Non se quería dar por vencido o equipo aurinegro, que buscaba conseguir o seu primeiros tres puntos este ano pero co paso dos minutos e a vitoria no aire, parecía que o partido terminaba de decantarse a favor do Choco.
Sen embargo, no foi ata o tempo de prolongación cando Guille sentenciou co terceiro tanto local co que finalizou o encontro.
Con este resultado, o Ribadumia descende ata a novena posición igualado a puntos co Rápido de Bouzas.
Consulta a acta do partido entre Choco e Ribadumia
Relacionadas:
-
O Ribadumia séguese afundindo ao caer contra a UD Ourense (2-0)
Por Redacción |
-
Quinto empate consecutivo para o Arosa (2-2) e derrota do Ribadumia no seu regreso á competición (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Aprazado por segunda xornada consecutiva o partido do Ribadumia, nesta ocasión fronte ao Estradense
Por Redacción |
-
Un gromo de covid-19 na UD Ourense obriga a suspender o partido contra o Arosa
Por Redacción |
-
Kilian reforza o ataque do Arosa
Por Redacción |
-
O Ribadumia estrea o ano con derrota fronte o Ourense CF (2-4)
Por Redacción |
-
Tres positivos por covid-19 no Arenteiro obrigan a suspender o partido contra o Arosa
Por Redacción |
-
Duro correctivo do Arenteiro a un Ribadumia con resaca copeira (0-3)
Por Ramiro Espiño |