Desastroso partido dun Pontevedra que perde fronte ao Racing de Ferrol en inferioridade e entra en crise (0-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
Crise en toda regra para o Pontevedra Club de Fútbol. Os granates víronse superados este domingo no Estadio Municipal de Pasarón por un rival directo como o Racing de Ferrol (0-1). Podía entrar dentro do guión, pero non a imaxe de falta de ideas e impotencia mostrada por un equipo que xogou toda a segunda metade en superioridade numérica sen conseguir inquietar a un correúdo e traballado equipo ferrolán. É ademais a cuarta xornada consecutiva sen gañar en liga, segunda derrota, o que deixa aos de Jesús Ramos sen moita marxe para o erro nunha competición tar curta como a da actual tempada.
Nada facía presaxiar o desastre final dos locais, nin sequera cando aos dous minutos de xogo Elsinho cazou un balón solto en tres cuartos de campo vendo a entrada por dentro de David Rodríguez, pero o dianteiro en posición inmellorable non conseguiu superar a un acertado Mario Fernández no man a man.
Superado o susto, todo volveu ao seu leito, cunha formulación inicial do Racing que tentaba ser protagonista desde a posesión e un Pontevedra que non só o aceptaba, senón que sentía cómodo no repregamento e a presión esperando a súa oportunidade de saír con velocidade.
Conscientes ambos os dous de todo o que se xogaban, era un duelo de poder a poder, no que cada centímetro contaba, gañando por momentos en intensidade pero sen grandes chegadas ou oportunidades. Salvando a acción inicial, custaba pisar área e houbo que esperar ata o minuto 12 para atopar outra acción destacada, por parte de novo dos visitantes, nunha chegada de David Rodríguez polo costado zurdo que terminou cun centro pasado á chegada de Seoane, disparando alto.
Aos poucos o cadro granate empezaba a asomar tamén pola área defendida por Diego Rivas, sobre todo nas escasas ocasións que Jorge Fernández conectaba entre liñas, pero sen acerto no último pase e sen chegar a probar ao cérbero ferrolán.
Ían pasando así os minutos ata que, ao fío da media hora, no 28, unha falta afastada e sen aparente perigo supuxo o 0-1. Colgouna o Racing desde a dereita, David tocou o esférico coa cara e de maneira defectuosa pero o que parecía un erro convertiuse nunha asistencia perfecta para que Joselu ao bordo do áreas pequena fusilase a Mario.
O gol noqueou uns minutos aos de Jesús Ramos, e estiveron a piques de pagalo caro nun desaxuste defensivo. Fer Beltrán habilitou á carreira de David Rodríguez e este decidiu deixar a pracer o gol ao seu compañeiro Joselu. O xuíz de liña invalidou a xogada por un inexistente fóra de xogo. Salvábase o Pontevedra.
Os granates tomaron nota do agasallo e empezaron a reaccionar para gañar terreo e ameazar a meta do Racing. Probárono en varias accións por banda sen atopar rematador, e a punto estiveron de atopar premio na xogada menos esperada, un córner sacado por Jorge moi pechado no que Joselu meteu a cabeza desviando o coiro e enviándoo ao poste da súa propia portería.
Co 0-1 chegábase ao descanso, e bastaron só uns instantes do segundo acto para que o guión cambiase. Álex López foi á presión en campo contrario e nunha innecesaria falta sobre o lateral Santi vía a segunda amarela. O Racing ía disputar toda a segunda metade en inferioridade numérica. Era unha materia, a de xogar cun home máis, que esta tempada atragoáraselle aos pontevedreses, ao estar obrigados a levar a iniciativa ante un rival pechado, e agora tiña outra oportunidade para remedialo.
Tardou pouco Álex González en gozar dunha oportunidade á saída de córner, pero o seu remata de cabeza sacouno a defensa baixo paus. Claro que o Racing a pesar de estar centrado en conservar a súa valiosa vantaxe puido tamén puido anotar nun barullo eterno na área local que terminou co balón pegando na madeira. Dúas accións consecutivas que parecían presaxiar un maior ritmo de xogo. Non foi así, e é que os de Emilio Larraz tiraron de oficio para arrefriar o duelo e levalo ao seu terreo, cun Pontevedra que se mostraba falto de ideas e apenas inquietaba.
Foron pasando así os minutos sen que chegasen accións de perigo, para desesperación da bancada que tentaba sen éxito empuxar aos seus. A pesar de estar con 10, os verdes mostraban seguridade e argumentos, e aínda por riba o ídolo local, o dianteiro Rufo, en cuxos ombreiros estaban postas moitas esperanzas, retirábase do terreo de xogo por lesión (queixándose da clavícula). Sen Charles, sancionado, a responsabilidade ofensiva recaía en Martín Diz e Samu Vilariño.
Nin a heroica á que tantas veces acudiu o Pontevedra no pasado xogando en Pasarón facía acto de presenza, e só un centro de Álex González que se foi envenenando puido cambiar o signo do encontro, topándose co traveseiro.
Xa no desconto, cos granates rotos, o Racing de Ferrol puido sentenciar e obter un botín extra, o gol average, pero Dani Nieto fallou ante Mario e ese 'punto' adicional quedou en empate.
Con esta derrota o Pontevedra inicia a segunda volta caendo á sexta posición con 13 puntos, coa obrigación de vencer na xornada aprazada fronte ao Guijuelo para engancharse á pelexa polos tres primeiros postos e tamén de recuperarse na súa próxima visita, ao campo do líder Unionistas. Moito deberá mellorar o Pontevedra.
PONTEVEDRA CF (0): Mario, Santi, Churre, Xisco Campos, Eneko, Borja Martínez, Imanol, Álex González, Oier Calvillo (Óscar Fernández, min.59), Jorge Fernández (Martín Diz, min.65), Rufo (Samu Vilariño, min.73).
RACING DE FERROL (1): Diego Rivas, Diego Seoane, Pumar, Bruno Rivada, Jon García, Fornos (Pep Caballé, min.41), Álex López, Elsinho (Dani Abalo, min.77), Fer Beltrán (Javi Villar, min.62), David Rodríguez (Nathan, min.77), Joselu (Dani Nieto, min.62).
Árbitro: Eder Mallo Fernández, auxiliado naas bandas por José María Madrigal Pérez e Víctor Laín Pérez (Castilla-León). Amoestou a Rufo, Mario e Borja Martínez no Pontevedra e a Fer Beltrán, Jon García e Pep Caballé no Racing. Expulsou o visitante Ález López por dobee cartón (24' e 46').
Goles: 0-1 Joselu, min.28.
Incidencias: Partido da xornada 10 de liga na Segunda División B disputado no Estadio Municipal de Pasarón cunha limitación de 500 espectadores nas bancadas conforme á normativa de prevención contra á Covid.
Relacionadas:
-
O Pontevedra deixa escapar o triunfo ante o Celta B no último suspiro e permanece na UCI (1-1)
Por Manu Otero |
-
Evitar "présas e ansiedade", primeira premisa do Pontevedra para derrotar ao líder Unionistas
Por Manu Otero |
-
Rufo estará de baixa entre 3 e 4 semanas "en función da súa evolución"
Por Diego Espiño |
-
Churre cre que "ya casi no hay margen de error" para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Damià Sabater, presentado en Pasarón: "Tenía ganas de venir en verano y no se pudo concretar. Creo que he acertado"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A lesión de Rufo obriga a cambiar o plan: o Pontevedra, á procura dun dianteiro sub-23
Por Diego Espiño |
-
O estado de Rufo, unha preocupación máis para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Damià Sabater, novo xogador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos acerca da derrota do Pontevedra ante o Racing: "No fuimos capaces de interpretar el juego"
Por Almu Dapena |
-
Pontevedra-Racing de Ferrol, un partido marcado en vermello no calendario
Por Diego Espiño |
-
Gañar o Racing de Ferrol, máis que 3 puntos para Jesús Ramos: "Sería un rival menos con el que pelear por lo mismo"
Por Diego Espiño |
-
Un gromo de Covid no Guijuelo mantén no aire a data do partido aprazado fronte ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Álex López asegura que para o Racing de Ferrol é "estimulante" tentar reverter a súa situación visitando Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Charles e a súa sanción interminable
Por Diego Espiño |
-
Malestar no Pontevedra ante o silencio da RFEF, mentres o Guijuelo propón o mércores 20 para xogar en Pasarón
Por Diego Espiño |