Jesús Ramos acerca da derrota do Pontevedra ante o Racing: "No fuimos capaces de interpretar el juego"
Por Almu Dapena
O técnico do Pontevedra CF, Jesús Ramos, compareceu en sala de prensa despois da derrota do seu equipo fronte ao Racing de Ferrol. "El Ferrol es justo ganador", admitiu.
Preocupado polo xogo do seu equipo, ao que viu "bastante dubitativo", sobre todo ao principio, e "sin las ideas claras". "Estuvimos trabajando jugar contra una estructura como la de ellos", con todo, non foi ata os primeiros 15 minutos cando "no fuimos capaces de interpretar o ver el juego", lamenta.
A pesar de cambiar a estrutura de xogo e estar cun xogador máis practicamente toda a segunda parte, "no fuimos capaces de sobrepasar al adversario por fuera, ni con centros, ni con la gente que llegaba en segunda línea". Aínda que cre que o equipo saíu a "ganar el partido desde el minuto uno", remarcou que a culpa é de non interpretar o practicado durante toda a semana.
Cuestionado polo estado mental dos xogadores despois do aprazamento do encontro ante Guijuelo, Ramos xustificou foi máis "un problema futbolístico. Intentamos que no crearan muchas acciones a balón parado y se defendió bastante mal. Si cometes errores contra equipos como el Ferrol, te marcan y luego tienes que ir a remolque todo el partido".
A pesar da derrota o técnico quítalle ferro ao asunto, "veo bien al equipo, hemos jugado dos buenos partidos en Copa del Rey y el Ferrol es justo vencedor".
Pola súa banda, o adestrador do Racing de Ferrol, Emilio Larraz, admitiu que hoxe o seu equipo foi "mejor que el Pontevedra. Hemos merecido el cero a dos y el cero a tres. Hemos jugado para ganar desde el primer minuto, las ocasiones han sido nuestras, ellos por momentos han empujado pero las ocasiones de gol clarísimas hace que nos mereciéramos el partido de hoy".