Tino Fernández aplaude que a Xunta "admita ao fin que hai que aplicar criterios de prevención e prudencia no deporte"
Por Redacción
O concelleiro de Deportes de Pontevedra, Tino Fernández, mostrouse este martes satisfeito de que a Xunta de Galicia suspendese as competicións deportivas de ámbito autonómico ao entender que se lle dá "finalmente a razón".
O edil pontevedrés mostrouse remiso e crítico no seu momento con retomar as competicións mentres a situación da pandemia non mellorase, polo que aplaude que o goberno autonómico "admita meses despois que hai que aplicar tamén no ámbito deportivo os criterios xerais de prevención e prudencia que se impoñen para o resto da poboación".
Segundo Fernández, o anuncio do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que obriga aos deportistas federados a rexerse polas mesmas regras que os afeccionados á hora de exercitarse, con adestramentos individuais ou de grupos dun máximo de catro persoas e a suxeición tanto ao toque de queda como ás limitacións de mobilidade, "vén referendar as medidas sanitarias que foi defendendo este Concello desde un primeiro momento".
"O que a Xunta está a recoñecer, xa que queremos pensar que estas decisións adóptanse en base a criterios clínicos e non arbitrarios, é que no mundo do deporte tamén se producen contagios. E se agora prodúcense, tamén se producían en agosto ou en setembro", critica o concelleiro de Deportes ante as críticas recibidas no seu momento debido á postura adoptada polo goberno local neste ámbito, e na apertura das súas instalacións deportivas.
Relacionadas:
-
Os clubs deberán decidir que categorías priorizan para adestrar nas instalacións deportivas mentres continúe o toque de queda
Por Redacción |
-
O PP propón unha normativa para regular o acceso dos clubs ás instalacións municipais
Por Manu Otero |
-
O PP local diríxese por carta aos clubs de Pontevedra: "O deporte volverá máis forte"
Por Redacción |
-
Sanidade suspende o deporte federado de ámbito autonómico
Por Oskar Viéitez |
-
As instalacións deportivas municipais reabren o 11 de xaneiro para o regreso de fútbol base e afeccionado
Por Redacción |
-
O Partido Popular asegura que o concelleiro Tino Fernández "no cree en el deporte, no le preocupan ni clubes ni deportistas"
Por Redacción |
-
Tino Fernández ve "caóticas" as medidas de restrición da Xunta para o deporte e pide a paralización das competicións autonómicas federadas
Por Diego Espiño |